Visita á clínica dental Rueiro en Bertamiráns

Tamén fomos de visita á clínica doutro dos colaboradores desta tempada, Rueiro Centro de Salud Dental en Bertamiráns #RueiroKids #DentalRueiro #RueiroconelDeporte

La Cesta Natural, colaborador do club

Visita á La Cesta Natural en Bertamiráns, un dos novos colaboradores do club para a tempada actual.

XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

O 27 de outubro celebrouse a Carreira Pedestre do Concello de Ames, coa que colaboramos na organización, e na que de novo tivemos unha grande participación de atletas, nais e pais do club, como voluntarios e/ou como corredores nas diferentes probas. E con algún podio ademais: na categoría sub16 para Deki Mato e Batire Guridi, e na sub18 para Pablo Díaz e Antón Riveiro.

Deki e Batire no podium sub16

Aproveitamos o evento para presentar as novas camisetas de adestramento do club, nas que colaboraron Altia, Rueiro Centro de Salud Dental, La Cesta Natural, Clinica Veterinaria Saudevet – Horacio Figueira, Tómate más fruta, Ansu-Car Milladoiro, Panadería Xallas, A Mona Ramona Bertamiráns, e #PalomaCenter. Camisetas y algo más apoiounos no deseño das novas camisetas. Moitas grazas tamén ao noso colaborador principal esta tempada, Addomo Arquitectura Modular.

Pablo e Antón no podium sub18, coas novas camisetas

Campionato de España de Clubs Sub16

O equipo sub16 feminino clasificouse, por primeira vez na historia do club, para o Campionato de España de Clubs da categoría, coa colaboración das filiais de Atlética A Silva e Atletismo Negreira. O campionato celebrouse o 5 de outubro en Gijón, e tras unha boa competición as rapazas remataron finalmente no quinto posto.

Podedes ver aquí o vídeo resumo da xornada.

Carreira e Andaina da Familia e Día do Deporte do Concello de Ames

La imagen puede contener: 7 personas, personas sonriendo, niño(a) y exterior

O sábado 28 de setembro celebrouse o Día do Deporte no Concello de Ames, no que o Club estivo presente en horario de mañá e tarde. Pola mañá combinamos os adestramentos habituais do club coa participación na Carreira e Andaina da Familia, e pola tarde tivemos unha actividade de atletismo (velocidade e valos) con algúns dos atletas e adestradores do club pero aberta a todos os que se quixeron achegar a probar, que foron moitos!

Fotos cortesía de Víctor Hugo

La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, niño(a)
O club colaborou coa organización no reparto de dorsais
La imagen puede contener: 2 personas

La imagen puede contener: 5 personas, cancha de baloncesto y exterior
Os atletas adestraron antes da carreira
La imagen puede contener: 11 personas, personas de pie, niño(a), calzado, cielo y exterior
La imagen puede contener: 12 personas, personas de pie, calzado, niño(a) y exterior
La imagen puede contener: 14 personas, incluido Vicente Sanmartin Vigo, personas sonriendo, personas de pie y exterior

Moitas familias do club animáronse tamén a participar na carreira todos xuntos.

La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie, niño(a), calzado y exterior
La imagen puede contener: 2 personas, niño(a), pantalones y exterior
La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie, cielo, calzado, niño(a), árbol, exterior y naturaleza
La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie, niño(a) y exterior
La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie, calzado, pantalones, niño(a), cielo, árbol, exterior y naturaleza
La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie, calzado y exterior
La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie, calzado, niño(a) y exterior
La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas de pie, pantalones, niño(a) y exterior
La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie, calzado y exterior

E tivemos podio! Salomé e Noa foron primeira e terceira absolutas.

La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie y exterior
La imagen puede contener: 9 personas, personas sonriendo, personas de pie y exterior

E tamén houbo premios para as familias.

La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie, niño(a) y exterior
La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie, niño(a), pantalones y exterior
La imagen puede contener: 19 personas, personas sonriendo, personas de pie, pantalones, niño(a) y exterior

Gala de premiación do Corresan 2018

O 20 de setembro celebrouse a Gala de Premiación do Circuito Corresan do ano pasado, no edificio Cersia en San Lázaro, con dous premios por equipos para o Millaraio: terceiro por equipos na categoría escolar, e terceiro tamén na categoría absoluta de equipos federados feminina.
Individualmente, Deki Mato e Pablo Díaz acadaron os primeiros postos na clasificación xeral, feminina e masculina, de Escolares 2, categoría na que Enrique Quintero foi primeiro sub16 masculino. En Escolares 1, María Estévez foi primeira sub12 feminina. Na clasificación absoluta, Puri Cariñena e Bernice Finn foron terceiras nas categorías Máster B e C respectivamente.

O MILLARAIO NO CAMIÑO: CORCUBIÓN-FISTERRA

O sábado 7 de setembro, dentro das actividades do Campus de setembro “Correndo Cara O Xacobeo”, que forma parte do programa O Teu Xacobeo financiado pola Xunta de Galicia, os rapaces e rapazas puideron coñecer esta etapa do Camiño acompañados das súas familias. Esta actividade de convivencia familiar serviu tamén para arrancar a tempada para as familias do club que quixeron unirse a esta experiencia que combinou lecer, cultura e deporte. #OteuXacobeo#Xacobeo2021

VI CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO: Correndo cara o Xacobeo

Xa está en marcha o VI Campus de Atletismo MillaRaio “Correndo cara o Xacobeo”, do 2 ó 10 de setembro, proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa O teu Xacobeo.

Chegada á Praza do Obradoiro logo de facer o Camiño desde o Monte do Gozo

Campionato de Galicia de Probas Combinadas

A fin de semana do 27 e 28 de xullo celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Combinadas. Nesta edición o club participou con cinco atletas, conseguindo dous podios. Mateo Aller proclamouse campión no Octathlon sub16 masculino, no que tamén competiron Mario Vilar e Iago Cid, que foron sexto e sétimo. Laura Barbazán foi prata no Heptathlon sub18 feminino. No Decathlon sub18 masculino participou Luis García, rematando na cuarta posición.

VI CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO: Correndo cara o Xacobeo

Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o Club participa coa celebración do VI Campus de Atletismo MillaRaio, do 2 ó 10 de setembro. O campus está aberto a nen@s nados entre 2013 e 2006 e terá lugar en horario de mañá, con hora de inicio ás 9:00, e horario de recollida entre 13:30 e 14:15. O prezo do campus será:  

  • Soci@s de MillaRaio: 50 €.
  • Non soci@s: 70 €.

Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 23 de agosto:

FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPUS

A semana anterior ó inicio enviaranse os horarios detallados de actividades do campus, que se adaptarán en función da climatoloxía.  Como novidade, este ano organizaremos unha actividade para as familias o sábado 7 de setembro. Podedes consultar aquí a circular informativa completa:

VI Campus MillaRaio

Campionato de España sub16

Tres atletas do club participaron o 6/7 de xullo no Campionato de España individual da categoría sub16: Mateo Aller, Sofía Campos e Deki Mato.

Mateo Aller competiu nos 100m valos, nos que acadou un rexistro de 15.37. Sofía Campos participou nos 3000m marcha, rematando en quinta posición e mellorando a súa marca persoal con 14:26.92. E Deki Mato correu nos 1000m, onde despois de rematar quinta nas eliminatorias cun excelente crono de 3:01.60 clasificouse para a final quedando nesta ocasión en sétimo lugar.

CAMPIONATO DE GALICIA Sub14 EN PISTA AO AIRE LIBRE 2018/2019

O 22 de xuño celebrouse en Lugo o Campionato de Galicia sub14, no que participaron 9 atletas do club. En categoría masculina destacou o atleta Alejandro Jiménez, que se proclamou campión dos 80m e subcampión do salto de lonxitude. Destacar tamén o cuarto posto de Noel Ferraces no salto de altura e o quinto posto de Antía Figueras nesta mesma proba.

Alejandro, ouro nos 80m
Alejandro, prata en salto de lonxitude

O resto de participacións foron Noel Ferraces tamén nos 80m, Antía Figueras no salto con pértega, Alfonso Labella nos lanzamentos de xavelina e martelo, Álvaro Francos no lanzamento de xavelina e o salto con pértega, Lucas Pena no triple salto e os 1000m obstáculos, Adrián Sesar e Noa Piñeiro nos 2000m, e Irene Rodiles no lanzamento de xavelina.

VI Campionato de España Sub14 por Equipos

Gran fin de semana a do 15-16 de xuño en Ciudad Real, onde o equipo sub14 masculino rematou finalmente na 17ª posición no Campionato de España por Equipos.

XXXII CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER EN PISTA AO AIRE LIBRE

O domingo 9 de xuño celebrouse en Bastiagueiro o campionato galego da categoría máster, no que participaron tres atletas do club, cos seguintes resultados: David López Vilariño foi ouro no salto de altura M45, Antonio Pose foi prata en 100mv e salto de lonxitude M50 e bronce en 100m, e Puri Cariñena foi ouro en 400m, prata en 200m e bronce en 100m en W45.

Memorial Josefina Romero de Marcha Atlética – Cantones de A Coruña 2019

Nesta proba celebrada o día 9 de xuño na Coruña, Sofía Campos foi a gañadora na categoría sub16 cunha marca de 15:21.

Foto: José Pajón

CATRO ATLETAS DO MILLARAIO NA SELECCIÓN GALEGA SUB16

Para a selección galega que participará no Campionato de España Sub16 de Federacións Autonómicas, a celebrar en Moratalaz os días 15-16 de xuño, foron convocados na categoría feminina Deki Mato nos 1000m e Sofía Campos nos 3000m marcha, e na categoría masculina Mateo Aller nos 110mv, e Diego Seoane nos 300mv.

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB14 INDIVIDUAL

Fin de semana intenso en Soria para Alejandro Jiménez e Noel Ferraces. Rematadas as tres probas de cada triatlón, en cada un dos cales participan 36 atletas, Alejandro Jiménez foi 9º na modalidade de triatlón A (80m, 80m valos e lanzamento de peso), e Noel Ferraces 11º no triatlón E (2000m marcha, 80m e lanzamento de xavelina). Grandes resultados para os dous. Ademais, ambos atletas participaron na proba de relevos 6x60m na que a composición dos equipos está formada por atletas de distintos clubs, formando parte Alejandro do equipo que quedou en primeiro lugar nesta proba, que se celebra ao final do campionato.
Agora agárdalles a ambos, xunto aos seus compañeiros, o campionato por equipos en Ciudad Real os días 15 e 16 de xuño.

XIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB10-SUB12 EN PISTA AO AIRE LIBRE

Novamente gran xornada para os rapaces e rapazas do club, desta vez no Campionato Galego individual sub10-sub12 celebrado onte en Lugo.
Na categoría sub12 participaron Nuno Castro no salto de lonxitude, proclamándose campión galego, e nos 60m, proba na que foi subcampión, Laura Sanz nos 60m, proba na que conseguiu a medalla de bronce, María Estévez nos 1000m (sexta e mellorando marca) e no lanzamento de pelota, e David Moreno no lanzamento de pelota (mellorando marca) e nos 500m. Tamén participaron os equipos de relevos masculino (Jorge García, Nadir Moreira, David Moreno e Nuno Castro), que logo de ter que repetir a súa serie volveron gañala por segunda vez e foron bronce, e o feminino (Sabela Jallas, María Estévez, Ada Bigliani e Laura Sanz), que rematou na sexta posición sendo terceiras na súa serie.
Como representantes na categoría sub10 tivemos a Daniel García no lanzamento de peso, onde rematou no sexto posto, e por riba tivo a sorte de que lle tocase un dos lotes de productos Torre de Núñez que sortearon durante a competición. E a Bruno García nos 2000m marcha, que mellorou tamén a súa marca.

Nuno, prata en salto de lonxitude
Laura, bronce en 60m
Bronce do equipo de relevo 4x60m

CAMPIONATO PROVINCIAL EN PISTA INFANTIL e COMBINADAS BENXAMIN-ALEVIN – Xogade

O domingo 26 de maio celebrouse en Ferrol o CAMPIONATO PROVINCIAL EN PISTA INFANTIL e COMBINADAS BENXAMIN-ALEVIN – Xogade, no que o club obtivo un total de sete medallas: catro ouros (Alejandro Jiménez en salto de lonxitude e nos 80m, Álvaro Francos en salto con pértega e Nuno Castro en combinadas alevín), dúas pratas (Noel Ferraces en 2000m marcha e Alfonso Labella en lanzamento de xavelina) e un bronce (o equipo de relevo 4x80m formado por Álvaro Francos, Lucas Pena, Alejandro Jiménez e Carlos Buyo).

Na categoría infantil de probas individuais o club participou con doce atletas: ademais das medallas mencionadas, Noel Ferraces foi cuarto en lanzamento de xavelina e competiu tamén en salto de altura, Alfonso Labella participou tamén en lanzamento de martelo, e nos 2000m marcha, Lucas Pena foi cuarto en triple e correu os 1000m obstáculos, Álvaro Francos fixo tamén triple, Adrián Sesar foi cuarto en 2000m, Hugo Estévez participou en xavelina, e 1000m obstáculos, Carlos Buyo nos 500m, Antía Figueras foi cuarta en salto de altura, e participou no salto de lonxitude e 220m valos, Irene Rodiles competiu en salto de altura, lanzamento de xavelina e 2000m marcha, e Noa Piñeiro nos 150m.

Nas combinadas alevín ademais de Nuno Castro en categoría masculina, participou na categoría feminina María Estévez, e Daniel García competiu nas combinadas benxamín.

12 MEDALLAS NO VIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 e LXVII SUB18

Dezasete atletas da categoría sub16 e dez da categoría sub18 participaron no XVIII Campionato de Galicia SUB16 e LXVII SUB18 de pista ao aire libre celebrado o sábado 25 de maio nas pistas de atletismo de Balaídos, obtendo un total de catro medallas de ouro, catro pratas, e catro bronces.

OURO: Mateo Aller en 100m valos (con mínima para o Campionato de España) e 300m valos, Deki Mato en 1000m e Sofía Campos en 3000m marcha.

PRATA: Diego Seoane en 300m valos (sendo cuarto nos 100m valos), Daniel Mato en lanzamento de xavelina sub18 (sendo cuarto en lonxitude), Ángel Álvarez en 2000m obstáculos, e o relevo 4×100 sub16 masculino (Matías Barca, Daniel Cariñena, Mateo Aller e Diego Seoane).

BRONCE: Daniel Cariñena en lanzamento de disco sub16 (participando tamén nos 100m), Sara Castelo en disco sub16, Salomé Segade en 3000m marcha, e Iago Cid en salto con pértega (participando tamén no lanzamento de xavelina).



Mateo Aller, ouro en 100m valos, con mínima para o Campionato de España sub16
Ouro para Mateo Aller e prata para Diego Seoane nos 300m valos
Ouro para Deki Mato nos 1000m
Ouro para Sofía Campos e bronce para Salomé Segade nos 3000m marcha
Prata para o equipo do 4x100m masculino sub16: Matías Barca, Dani Cariñena, Mateo Aller e Diego Seoane
Prata para Dani Mato en lanzamento de xavelina sub18
Prata para Ángel Álvarez nos 2000m obstáculos
Bronce para Dani Cariñena no lanzamento de disco sub16
Bronce para Sara Castelo no lanzamento de disco sub16
Bronce para Iago Cid no salto con pértega sub18

Os restantes participantes da categoría sub16 foron: Uxía Fernández (100m valos, onde foi cuarta, e salto de lonxitude), Matías Barca (100m e 300m), Mario Vilar (lanzamento de peso e disco), David García (salto de altura e triple), Elsa Guillamet (salto de altura e peso), Zulfa Muíño (lanzamento de xavelina e martelo), Valeria Batire Guridi (3000m) e Ángela Eiras (triple). O equipo de relevo 4×100 feminino estivo formado por Ahinara Troiteiro, Uxía Fernández, Ángela Eiras e Elsa Guillamet.

No Campionato sub18 participaron ademais de Daniel Mato e Ángel Álvarez: Antón Nogueira (disco, onde rematou cuarto, e xavelina), Laura Barbazán (martelo, finalizando en cuarta posición, e 100m valos), Manuel Labella (cuarto en 5000m marcha), Antón Gómez (100m e 200m), Daniel Souto (110m valos e salto de lonxitude), Luis García (110m valos), e os equipos de 4×100 masculino: Daniel Mato, Antón Gómez, Luis García e Daniel Souto, e 4×100 feminino: María Pena (do filial Atlética A Silva), Sabela Ferrás, Laura Barbazán e Uxía Rey.