LANZAMENTOS E MARCHA PROTAGONISTAS NO MILLARAIO

Esta fin de semana os lanzamentos e a marcha foron os protagonistas na actividade do Clube Atletismo MillaRaio que presentaba atletas ó Campionato Galego de lanzamentos longos, ó Campionato Galega de Marcha en Ruta e ó Campionato Galego de Pentlatón de lanzamentos, acadando un total de sete medallas e catro Campións Galegos.

Comenzamos a competición o sábado co Campionato Galego de Lanzamentos longos de inverno en Pontevedra onde competían 4 atletas.

En martelo feminino Alicia Gomez acadou a séptima posición con 29,50 non tendo o seu mellor día en resultados pero si en loita e actitude.

Xa pola tarde, no lanzamento de disco cadete masculino Antón Nogueira acadou unha meritoria cuarta posición cun rexistro de 26,48 pulverizando a sua marca persoal, e Torcuato Labella cuns impresionantes 32,23, tamén marca persoal, proclamouse Campión galego.

Na proba de Xabalina cadete masculina, Antón Nogueira volveu a ser cuarto mellorando de novo a sua marca persoal cun lanzamento de 26.58, Daniel Mato revalidou o seu título de Campión Galego cun gran lanzamento de 35,52, e Torcuato Labella con 32.28 mellorou os seus rexistros alzándose co bronce e logrando así a sua segunda medalla nestes campionatos.

O domigo pola mañán na Pobra no Campionato Galego de Marcha en Ruta e cunha delegación de 12 atletas, record de MillaRaio, acadaronse un total de 3 medallas.

Na categoría benxamín Bruno García e Ariana Collazo seguiron mellorando e acadando experiencia, igual que Irene Vidal, Irene Rodiles, Miguel Picos e Lucas Pena na categoría alevín onde Alfonso Labella logrou unha meritoria 4 posición.

Na categoría infantil participarón Manuel Labella, Sara Lema que se quedou as portas do podio cunha gran carreira que lle serviu para lograr a cuarta posición, e Zulfa Muiño que se proclamou Campiona Galega de Marcha en Ruta.

Finalmente gran actuación de Nicolás Iglesias cun merecidisimo Bronce que lle abre as portas da selección galega, e de Mayka Jueguen en veteranas que logrou o ouro na sua categoría.Finalmente, a fin de semana remataba co Campionato Galego de Pentlaton de lanzamentos Veterán, onde David García logrou o bronce na sua categoría.