Excelente participación do club no XI Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de Pista Cuberta

Este ano 24 atletas do club participaron no Campionato Galego Sub10(BEN) – Sub12(ALE) – Sub14(INF) celebrado na Pista Cuberta de Expourense o 25 de febreiro. Esta alta participación deu lugar a moitas melloras de marcas persoais, e a consecución de cinco medallas, entre elas un campionato galego.

Doblete do club nos 60 metros lisos sub14, sendo ouro e campión galego Daniel Cariñena, e prata Matías Barca, cun tempo na final de 8.19 e 8.36 segundos respectivamente.

Medalla de prata para Ariana Collazo no lanzamento de peso sub10, que se foi ata os 5.92m.

Bronce para Ángela Eiras no triple salto sub14, con 9.31m.

E bronce tamén para Matías Barca nos 60 metros valados sub14, cun tempo de 10.80 segundos.

Parabéns a todos os participantes!!!

Máis fotos do campionato no Facebook.