Campionatos de Galicia Individuais

O día 27 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato de Galicia Individual Sub-16, no que os nosos atletas acadaron un total de cinco medallas. Daniel Mato proclamouse campión galego en lazamento de xavelina e foi terceiro en 300 metros lisos. Pablo Alonso resultou campión galego no salto de altura, e Zulfa Muíño foi prata en 3000 metros marcha. Iago Cid acadou o bronce en lanzamento de xavelina, proba na que Pablo Alonso foi cuarto. Destacar tamén os cuartos postos de Iago Cid no salto con pértega, Uxía Fernández nos 100 metros valados, e Teodora Ruso nos 1500 metros obstáculos.

O Campionato de Galicia Individual das categorías Sub-10, Sub-12 e Sub-14 tivo lugar en Pontevedra o día 9 de xuño. Para este campionato lograron a clasificación 30 atletas do club. Na categoría Sub-12 Irene Vidal proclamouse campiona galega en salto de altura, sendo Pablo Cariñena cuarto nos 60 metros lisos. Na categoría Sub-14 Daniel Cariñena foi vencedor e campión galego en lanzamento de disco, e subcampión en 80 metros lisos. David García proclamouse campión galego en salto de altura. Destacan tamén os cuartos postos de Matías Barca en 80 metros lisos e 80 metros valados, Mario Vilar no lanzamento de peso, e David García no triple salto, sendo Roi Manteiga quinto nesta proba.