Adestramentos/competicións

Adestramentos

O principal obxectivo dos adestramentos é dar a coñecer a ampla gama de probas que contempla o atletismo e seguir dotando de novas capacidades técnicas aos nosos atletas, buscarase, por tanto, que aprendan e realicen as mais variadas actividades como saltos, lanzamentos, actividades de coordinación, de reflexos, carreiras con valos etc…

No caso de que por algun motivo se suspenda o adrestamento o club o comunicará aos socios na páxina de inicio deste blog.

Nos meses de Xullo eAgosto non haberá adestramentos.

Calendario de adestramentos

Inscrición en competicións

Dende o club procederase a inscrición dos socios nas competicións oficiais (organizadas pola Federación de atletismo ou por XOGADE) e nas carreiras catalogadas de interese para o club, para o resto de carreiras será o atleta ou o seu representante legal o encargado de facela inscrición.

Para as inscricións nos campionatos oficiais cada un dos atletas recibirá unha invitación por correo electrónico co obxeto de que confirme ou rexeite a súa asistencia.  A confirmación da invitación implica a obrigatoriedade da asistencia a dito evento. No caso no que o atleta non acuda ó evento e ademáis non xustifique a  non asistencia, o atleta deberá facerse cargo do pago da sanción económica imposta pola Federación e ademáis o club o sancionará internamente.

No caso de que a Federación Galega ou Xogade non proporcione transporte colectivo os desprazamentos ás carreiras serán por conta dos atletas.

Podedes consultar máis información sobre as competicións federadas e escolares nos seguintes enlaces: estrutura competitiva federada, estrutura competitiva escolar (Xogade)

Seguro deportivo

No caso de lesións producidas durante os adestramentos ou competicións que requiran de asistencia médica o atleta pode facer uso do seguro concertado pola Federación.

Para máis información pulsa nos seguinte enlaces: