O club

No ano 2008, iniciou a sua andadura o club de atletismo Millaraio, coa ilusión de promocionar a práctica do atletismo ofrecendo unha actividade deportiva de calidade cunha oferta competitiva adecuada, e motivadora que favoreza a creación dun grupo san e divertido no que primen os valores de compañeirismo, saude, respeto, e superación como xeito de adquirir as metas propostas.

Somos conscientes da importancia da participación dos socios para o bo funcionamento do club, motivo polo que contamos sempre co seu apoio e opinión a hora de incorporar novos cambios ao proxecto, sempre gardando a filosofia e os obxectivos esenciais do club.

As asembleas dos socios do club, como mínimo unha ao ano, son o medio ordinario para a recollida de opinións e suxerencias,  por isto é moi importante a participación de todos eles.

Os Estatutos do club recollen esta filosofía.