Inscricións/renovacións

Se estás interesado en formar parte do noso club cumprimenta e envia o seguinte formulario:

O noso director deportivo porase en contacto contigo para coñecer as túas motivacións, e darte a coñecer os principais aspectos do noso club. O prazo de preinscrición de novos atletas empeza a finais do mes de xuño e permanece aberto ata cubrir as prazas dispoñibles para cada categoría.

Formalización da alta

Para formalizar a alta dun novo atleta, unha vez enviado o formulario de preinscrición, descargue e cumprimente os seguintes documentos:

Envíe por correo electrónico os documentos cubertos á conta altaerenovacion@millaraio.es

Formalización da renovación

Co fin de axilizar o proceso, as renovacións dunha tempada a seguinte, faranse automaticamente sen que sexa necesario presentar ningunha ficha de renovación. A autorización bancaria so será necesario entregala no caso de cambio de número de conta.

A licencia da FGA, que se ten que tramitar tódolos anos, chega con asinar a do ano anterior indicando os anos da nova tempada. Para facilitar a súa sinatura os membros da directiva a achegaran aos pais nos adestramentos dos sábados ao inicio da tempada.

No caso de non querer renovar, o atleta deberá comunicar a baixa ao club tal e como se indica no seguinte apartado.

Baixa do club

Para formalizar a baixa do club deberá enviarse un correo conta, abaixo indicada, confirmando baixa do atleta.  O prazo para notificar a baixa será do día 1 ao día 20 do mes anterior co fin de evitar que se envie ao banco o recibo do seguinte mes.
En caso de que a notificación chegue fora deste prazo, o socio/a terá a obriga de pagar o recibo emitido.

Mais información na conta altaerenovacion@millaraio.es