Control de Marcas en Santiago

O sábado 3 de marzo, en xornada de tarde, o club colabora no desenvolvemento do control de marcas organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo, que terá lugar nas pistas de atletismo da USC.

Regulamento e inscricións na web da FGA.

Excelente participación do club no XI Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de Pista Cuberta

Este ano 24 atletas do club participaron no Campionato Galego Sub10(BEN) – Sub12(ALE) – Sub14(INF) celebrado na Pista Cuberta de Expourense o 25 de febreiro. Esta alta participación deu lugar a moitas melloras de marcas persoais, e a consecución de cinco medallas, entre elas un campionato galego.

Doblete do club nos 60 metros lisos sub14, sendo ouro e campión galego Daniel Cariñena, e prata Matías Barca, cun tempo na final de 8.19 e 8.36 segundos respectivamente.

Medalla de prata para Ariana Collazo no lanzamento de peso sub10, que se foi ata os 5.92m.

Bronce para Ángela Eiras no triple salto sub14, con 9.31m.

E bronce tamén para Matías Barca nos 60 metros valados sub14, cun tempo de 10.80 segundos.

Parabéns a todos os participantes!!!

Máis fotos do campionato no Facebook.

Lotería de Nadal: número 90225

Estimados soci@s,

loteriaXa temos dispoñible a lotería de Nadal do club para os que queirades comprar ou ben vender participacións. Temos o número 90225, en participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o clube. Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os que queirades comprar ou axudar a vender poñédevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva. Dádevos presa que xa se están acabando!!

Moitas grazas.

PROCESO DE ALTA

Para formalizar a alta dun novo atleta, unha vez enviado o formulario de preinscrición, descargue e cumprimente os seguintes documentos:

Ficha Tempada 2017-18

Domiciliación bancaria

Domiciliacion bancaria editable en libre office

Envíe por correo electrónico os documentos cubertos á conta:

altaerenovacion@millaraio.es

IV CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO

Un ano maís presentamos o IV Campus de Iniciación ó Atletismo de MillaRaio que se celebrará no Complexo Deportivo de Bertamirans do 4 ó 8 de setembro.

OBXETIVOS:

– PARA OS SOCIOS DO CLUBE ATLETISMO MILLARAIO: Comenzar a nova tempada dunha forma lúdica e diferente.

– PARA OS QUE NO SON SOCIOS DO CLUBE: Ofrecer unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dun modo divertido.

O Campus terá horario de mañá, de 09:00 a 13:30 e o precio será de 45 euros para os que non son socios do clube e 35 euros para os atletas do clube.

A inscripción farase no seguinte enlace:

INSCRIPCIÓN CAMPUS

COMIDA DE FIN DE TEMPORADA

El próximo sábado 1 de julio tendremos la comida de fin de temporada en el Restaurante Squash de Milladoiro a las 15:00.
El menú será el siguiente:

MENU INFANTIL:10 EUROS
PRIMERO: CROQUETAS Y TORTILLA
SEGUNDO: MILANESA CON PATATAS.
TARTA HELADA

MENU ADULTO: 12 EUROS
PRIMERO: TORTILLA Y EMPANADA
SEGUNDO JAMÓN ASADO
TARTA HELADA
CAFÉ

Se podrá hacer uso de la piscina del centro, para ello se tendrá que llevar calzado adecuado (chanclas) bañador y toalla.

Para hacer el pago de la comida tenemos dos opciones:

  • Efectivo, entrega a un miembro de la directiva.
  • Ingreso/transferencia. En el siguiente número de cuenta:

ABANCA: ES46 2080 0372 8230 4001 1333

En el caso de ingreso/transferencia como concepto hay que incluir el nombre del atleta.

El plazo para efectuar el pago será hasta el día 26 a las 15:00.

Podeis inscribiros a la comida en el siguiente enlace:

COMIDA DE FIN DE TEMPORADA

 

LANZAMENTOS E MARCHA PROTAGONISTAS NO MILLARAIO

Esta fin de semana os lanzamentos e a marcha foron os protagonistas na actividade do Clube Atletismo MillaRaio que presentaba atletas ó Campionato Galego de lanzamentos longos, ó Campionato Galega de Marcha en Ruta e ó Campionato Galego de Pentlatón de lanzamentos, acadando un total de sete medallas e catro Campións Galegos.

Comenzamos a competición o sábado co Campionato Galego de Lanzamentos longos de inverno en Pontevedra onde competían 4 atletas.

En martelo feminino Alicia Gomez acadou a séptima posición con 29,50 non tendo o seu mellor día en resultados pero si en loita e actitude.

Xa pola tarde, no lanzamento de disco cadete masculino Antón Nogueira acadou unha meritoria cuarta posición cun rexistro de 26,48 pulverizando a sua marca persoal, e Torcuato Labella cuns impresionantes 32,23, tamén marca persoal, proclamouse Campión galego.

Na proba de Xabalina cadete masculina, Antón Nogueira volveu a ser cuarto mellorando de novo a sua marca persoal cun lanzamento de 26.58, Daniel Mato revalidou o seu título de Campión Galego cun gran lanzamento de 35,52, e Torcuato Labella con 32.28 mellorou os seus rexistros alzándose co bronce e logrando así a sua segunda medalla nestes campionatos.

O domigo pola mañán na Pobra no Campionato Galego de Marcha en Ruta e cunha delegación de 12 atletas, record de MillaRaio, acadaronse un total de 3 medallas.

Na categoría benxamín Bruno García e Ariana Collazo seguiron mellorando e acadando experiencia, igual que Irene Vidal, Irene Rodiles, Miguel Picos e Lucas Pena na categoría alevín onde Alfonso Labella logrou unha meritoria 4 posición.

Na categoría infantil participarón Manuel Labella, Sara Lema que se quedou as portas do podio cunha gran carreira que lle serviu para lograr a cuarta posición, e Zulfa Muiño que se proclamou Campiona Galega de Marcha en Ruta.

Finalmente gran actuación de Nicolás Iglesias cun merecidisimo Bronce que lle abre as portas da selección galega, e de Mayka Jueguen en veteranas que logrou o ouro na sua categoría.Finalmente, a fin de semana remataba co Campionato Galego de Pentlaton de lanzamentos Veterán, onde David García logrou o bronce na sua categoría.

Nomeamento do novo presidente do Club

Rematado o prazo de presentación de candidaturas á presidencia do club, a única candidatura presentada foi a de D. José David García Arcos, polo que pasa a ser proclamado presidente electo sen necesidade de facer votación.

Certificado do nomeamento

COMIDA DE NAVIDAD DEL CLUB

El sábado dia 10 de diciembre tendremos como todos los años la comidad de Navidad de MillaRaio que hacemos de forma conjunta con el Club Atletismo Santiago.

10498715_401982619960429_1412500051702198458_o

La comida será en el Restaurante Los Robles a las 15:00 horas, el menú es el siguiente:

El menú de adultos cuesta 12,50 euros y consta de:

Primero: Fideos con marisco
Segundo: Codillo al forno al estilo del cheff con verduritas de Temporada
Postre y café
Vino blanco o tinto o agua

El menú infantil cuesta 8,5 euros y  esta compuesto por:

Primero: Entrantes variados

Segundo: Milanesa de pollo con patatas

Postre

Agua y refrescos

Para apuntaros teneis que cubrir el siguiente formulario :

Formulario de inscripción a la comida de Navidad.

Para hacer el pago teneis dos opciones:

  • Transferencia/ingreso en la cuenta del club: Abanca ES46-2080-0372-82-3040011333.

  • Entrega a un miembro de la directiva.

La fecha límite para apuntarse y hacer el pago es el sábado día 3 de diciembre. Si por motivos de salud o personales alguna persona necesita un menú especial que envíe un correo a la directiva para darle solución.Un saludo.

Eleccións á presidencia do Club

A Xunta Directiva do Club de Atletismo MillaRaio, na reunión celebrada o día 29 de outubro de 2016, tomou o acordo de convocar as eleccións para cubrir o cargo de Presidente do club, unha vez finalizado o mandato da actual presidencia.

Podedes consultar aquí a convocatoria, onde se informa das datas e requisitos necesarios para a presentación de candidaturas.