ÉXITO DE MILLARAIO EN DISTINTAS DISCIPLINAS

O pasado sábado celebróuse en Ribadavia a primera edición do Campionato Galego de cross por relevos mixto onde o Clube Atletismo MillaRaio logróu proclamarse campión galego en categoría infantil, subcampión en categoría benxamín y o que é máis importante, foi o equipo como maior representación cun total de 10 equipos y 40 nenos e nenas.

IMG-20160213-WA0012
Ese mismo día na Pobra disputabase o Campionato Galego de Marcha en Ruta a onde se desprazaron 5 atletas do clube realizando unha gran actuación que tivo o seu colofón co título de campión galego cadete de Roberto Vieiro.

marcha
A estos éxitos hay que engadir o logrado a pasada semana no Campionato Galego cadete de Combinadas celebrado en Lugo onde Víctor Mosteiro logróu un merecido subcampionato galego e onde a expedición de 6 atletas enviada polo clube colocóu a 4 de eles entre os 10 primeiros sumando as categorías masculina e feminina.

12182639_1246195982074216_5510730796678480279_o

Seguimos crecendo e pouco a pouco acadando resultados en tódalas disciplinas do atletismo, e sobre todo aprendendo e divertindonos.

COMIDA DE NADAL E RECOLLIDA DE XOGUETES

 

restaurante-cena-navidad_15 (1)

Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Restaurante Los Robles as 15:00 horas do sábado 12 de Decembro. Ese mesmo día, como sabedes, temos o campeonato de cross na Alameda.

foto_juguetes

Este ano como novedade imos colaborar coa Coordinadora do Barrio de Vite para recoller xoguetes para repartir xoguetes en Santiago e comarca os nenos que non poden disfrutar deles. Todos aqueles que queirades donar xoguetes en bó estado podedes achegalos ese día e os recolleremos. Si sonxoguetes voluminosos pregamos que nolo comuniquen para tratar de recollelos antes ou de outro xeito. Ante calquera consulta enviar un correo a tesoreria@millaraio.es.

O menú adulto custa 12 euros e o infantil 8,5 euros. O primeiro esta composto fideos con marisco, codillo ao forno ao estilo do cheff con verduras de tempada, postre e café. De bebida teremos viño blanco ou tinto ou auga.

O menu infantil son 8,5 euros e consta de entrantes variados, milanesa de polo con patatas e postre. De bebida auga ou refrescos.

Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.

Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1-9Sgj89WCRoNG5a5IXso3fl096Hi66Amiy5DwZXOlNw/viewform

O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:

Abanca ES46-2080-0372-8230-4001-1333

O prazo para anotarse e facer o pago remata o dia 7 de Decembro.

Non se admitirán pagos o día da comida. Todos queremos disfrutar da mesma!!

Unha aperta

 

 

 

 

 

 

COMIDA DE NADAL E LOTERIA DO CLUBE

Como todos os anos queremos convidaros a comida de Nadal.  Un ano mais será no Restaurante Los Robles o sábado 12 de Decembro. Ese mesmo día haberá un cross en Santiago. A comida será as 3 da tarde.

10498715_401982619960429_1412500051702198458_o

Proximamente vos daremos mais información sobre o menú, hora, forma de inscrición, etc. O prezo tamén e o mesmo do ano pasado: 12 euros adultos e 8,5 euros o menu infantil.

De momento, ide anotando a data nas vosas axendas!!!

Tamén esta dispoñible a lotería do club para os que queiran comprar ou ben vender participacións. O número é o 70687 e son participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o club.

loteria

Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os que queirades comprar ou axudar a vender poñedevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva. Dádevos presa que xa se están acabando!!

Moitas grazas

 

III TROFEO MILLARAIO

Este sábado 07 de novembro celebraremos a terceir edición do Trofeo MillaRaio de atletismo en pista para atletas federados, no estadio da USC en Santiago de Compostela.

CARTEL TROFEO MILLARAIO

Nesta edición temos como principal novidade o cambio de fechas, pasando o trofeo ó principio de tempada con dous obxetivos principais.

Para @s que xa levan tempo no mundo do atletismo esta competición será unha primeira referencia de cara a tempada en pista cuberta, e no caso de cambiar de categoría nesta tempada, un primeiro test das novas distancias e disciplinas atléticas.

Para @s que comenzan a sua andaina no mundo do atletismo, significará a sua primeira competición na pista antes das probas oficiais, servindo coma toma de contacto con novas disciplinas e formas de competición

Tamén haberá lugar para os Prebenxamíns que ainda que non se poden federar, terán unha proba de velocidade (50 metros lisos) que se disputará despois das probas de velocidade federadas, aproximadamente as 12:00. Para inscribirse nesta proba hay que mandar un correo electrónico cos datos dos participantes á dirección

millaraio@gmail.com

Aquí tedes os horarios, o regulamento da proba está publicado na páxina da Federación Galega de atletismo. www.atletismogalego.com

HORARIO

NOVA TEMPADA E HORARIOS DE SETEMBRO

Comenza unha nova tempada para o Clube Atletismo Millaraio, e coma tódolos anos durante o mes de setembro faremos unha pretempada que servirá para arrancar físicamente e para axustar os grupos e os horarios de cada categoría.
11038791_678537172292700_2174827911446720976_n
As categorías só cambian oficialmente o 01 de novembro, pero xa comenzaremos o curso tendo en conta as categorías da próxima tempada atlética.
Para o mes de setembro, a partir do día 14/09 os adestramentos dos benxamíns, alevís e infantiles serán no Milladoiro, sempre de 18:00 a 19:00 nos seguintes días:
benxamín (2007-08) – Lúns
Alevín (2005-06) – Mércores
Infantil (2003.04) – Martes e Xoves
prebenxamíns adestran apenas os sábados.
Por outra parte, moitos pais nos preguntan polos horarios definitivos de Outubro, pero sen coñecer algúns detalles, principalmente de clases pola tarde dos que van ao instituto e tamén dos grupos finales de cada categoría, non teremos condicións de definir tódolos grupos. Aínda así, podemos confirmar que non teremos cambios significativos e que os mais pequenos xa teñen mais definidos os horarios, aínda que non sexan os definitivos, poden quedar así:
Benxamín -opción 1 ou 2 dias – lúns no pabellón 18:30 a 19:30 e/ou Sábado Pistas USC 12:30 a 13:30
Alevín – 2 dias – Mércores no Pabellón 18:30 a 19:30 e/ou Sábado Pistas USC 12:00 a 13:30 (Alevins de 2005 que xa están no clube, terán posibilidade de ir a pistas e, en caso de ter  prazas, optar ao 3º día)
Infantil – 2 ou 3 días, sempre en pistas USC entre lúns e xóves de 18:00 a 19:00 e sábados de 11:00 a 12:30.
Cadetes – dependen de entrevista individual e se van ou non a tecnificación especifica, pero sempre sería  de 18:45 a 20:15 nas pistas USC.
O HORARIO PROPOSTO  SERÍA PARA O CURSO, CON INCIO NO MES DE OUTUBRO

II CAMPUS DE ATLETISMO DE MILLARAIO

Por segunda tempada consecutiva presentamos o Campus de Atletismo de Millaraio.

Este ano o Campus estará dirixido a nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2004 (ambos incluidos)

CAMPUS 2015

O obxetivo do Campus e dobre, de cara ós socios do clube comenzar a tempada de forma divertida. E para os nenos e nenas que non forman parte de Millaraio, ofrecerlles unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo de forma lúdica e divertida.

Durante o Campus realizarán un gran número de actividades que incluen piscina e piraguismo aparte das diferentes disciplinas que conforman o atletismo atletismo.

O Campus realizarase en horario de mañán ( de 09:00 a 13:30) tendo como punto de encontro o Complexo Deportivo de Bertamirans.

O custo do Campus será de 45 € e a inscripción realizarase a través do seguinte enlace:

INSCRIPCIÓN CAMPUS

Unha vez realizada a inscripción enviaremos información completa do Campus cos horarios das diferentes actividades e todo o que precisaran os nen@s para disfrutar destos días.

Un saudo

 

CAMPIONATOS GALEGOS INDIVIDUAIS

O pasado fin de semana MillaRaio tivo representación tanto no Campionato Galego Individual en categoría benxamín, alevín e infantil coma no Campionato Galego de veteranos en pista.

11038791_678537172292700_2174827911446720976_n

No Campionato galego de menores en pista acadamos o mellor resultado na historia do clube logrando 10 medallas, repartidas do seguinte xeito:

OURO:
Deki Mato, en 500 ml alevín feminino.
Zulfa Muiño en peso alevín feminino.

PRATA:
Pablo Díaz, en 1000 obstáculos infantil masculino.
Claudia Costas, en lonxitude infantil feminina.
Claudia Costas, en 220 valados infantil feminino.
Dani Mato, en 1000 ml infantil masculino.
Deki Mato en pelota alevín feminina.

BRONCE:
David Álvarez, en 1000 obstáculos infantil masculino.
Alicia Gómez, en martelo infantil feminino.
Antía Figueras, en altura benxamín feminina.

IMG-20150615-WA0005

Por outra banda, temos que destacar o título de Campiona Galega W35 nos 400 ml de Saleta Albertí, reflexo do gran traballo do grupo de nais de MillaRaio.
Noraboa a tod@s.

Apertura do prazo de preinscrición e renovación 2015/2016

Xa está aberto o prazo de preinscripción de novos ateltas para a temporada 2015/2016. Se estás interesado en formar parte do noso club cumprimenta e envia o seguinte formulario:

Lembrade que, para axilizar o proceso, as renovacións de atletas dunha tempada a seguinte faranse automaticamente sen que sexa necesario presentar ningunha ficha de renovación. A autorización bancaria so será necesario entregala no caso de cambio de número de conta.

Tendes toda a información necesaria na páxina de Inscricións/renovacións

Comida de fin de tempada – 28 de Xuño

Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Restaurante Congreso as 15:00 horas do domingo 28 de Xuño. Ese mesmo día, como sabedes, temos a milla urbana de Ames na que todos os atletas están convocados o ser carreira do club.

Igual que en ocasións anteriores faremos a comida xunto co Club Atletismo Santiago.

O menú adulto custa 12 euros e o infantil 9 euros. O menú adulto esta composto de paella mixta, ternera asada ao estilo tradicional con patacas e postre semifrío. A bebida pode ser auga, viño ou cerveza. .

O menu infantil son 9 euros e consta de croquetas e empanadillas, milanesa de pavo con patatas e vasito de xeado. De bebida auga ou refrescos.

Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.

Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1JGaHaQyMw7P4NJlEfCl8SDq9gsMqbqxLYkyTCIXsK0U/viewform

O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:

NovaGalicia Banco 2080-0372-82-3040011333// IBAN ES4620800372823040011333

O prazo para anotarse e facer o pago remata o luns 22 de Xuño.

Non se admitirán pagos o día da comida. Todos queremos disfrutar da mesma!!

Comida fin de tempada 28 de Xuño

Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Hotel Congreso o domingo 28 de Xuño. Ese mesmo día será a Milla Urbana de Ames na que todos os atletas están convocados por ser carreira do club.

Proximamente vos daremos mais información sobre o menú, hora, forma de inscrición, etc.

De momento, ide anotando a data nas vosas axendas!!!