MLLARAIO CLUBE GALEGO CON MAIOR PARTICIPACIÓN NO NACIONAL CADETE

Despois do éxito das categorías menores nos Campionatos autonómicos por equipos con record de participación e varias medallas nos Campionatos Galegos Individuais, o Clube Atletismo MillaRaio presentou un total de seis atletas no Campionato de España Cadete disputado na localidade catalana de Granollers a pasada fin de semana.

IMG-20160710-WA0008

O clube de Ames consolídase a nivel nacional sendo o equipo galego con maior número de atletas na principal competición nacional, participando nas mais variadas probas atléticas, facendo gala da sua filosofía de fomentar tódalas disciplinas que conforman o atletismo.

As baixas de última hora impediron a participación do clube no relevo 4 x 100, no cal estaban clasificados os oito mellores equipos de España e onde MillaRaio partía con opcións de podio.

Victor Mosteiro participou na pértiga e na proba dos 100 metros lisos, onde chegou ata as semifinais, acompañado polo seu compañeiro Mateo García.

IMG-20160710-WA0006

Na proba de jabalina participaron Pablo Fernández que rematou noveno, e a representante feminina Andrea Botella, que fixo marca persoal quedando décima dun total de 27 participantes.

Nos 1500 metros obstáculos, Diego Alonso codeouse cos primeiros ata os 1000 metros, para finalmente ceder algúns segundos sendo finalmente o noveno na meta.

D300S20151206-1076

A nota destacada da xornada queda por conta de Roberto Vieiro que encabezou a proba de 5 kilómetros marcha en varias ocasións, facendo unha gran marca de 23.00 que supón novo record galego cadete. O gran nivel da proba fixo que a marca solo fora suficiente para lograr unha quinta posición, o mellor resultado da historia do clube nun Nacional.

 

ESPECTACULAR FIN DE SEMANA PARA MILLARAIO

Nun intenso fin de semana, MillaRaio afrontaba duas importantes competicións, o Campionato Galego Individual Cadete e o Campionato de España Infantil individual.

CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL CADETE:

Nunha fantastica xornada o Club Atletismo MillaRaio logrou subir ó podio en 10 ocasións, en categoría masculina acadaronse os seguintes resultados:

13308574_1045074235586191_2662359920659166123_o

Ouro:

  • Victor Mosteiro nos 100 metros lisos.
  • Pablo Fernández na xabalina.
  • Diego Alonso nos 1.500 obstáculos.
  • O relevo 4×100, Victor Mosteiro, Mateo García, Carlos Dios e Pablo Fernández.

Prata:

  • Pablo Fernández no peso.
  • Roberto Vieiro na marcha.
  • Victor Mosteiro na pértiga.

Bronce:

  • Mateo García nos 100 metros lisos.
  • Carlos Dios nos 300 metros valados.

A estas medallas hay que engadir que tanto Mateo García como Diego Alonso acadarón a mínima para participar no Campionato de España Individual.

13308719_1045074312252850_4854740330219586899_o

En categoría femenina hay que destacar a prata de Andrea Botella en xabalina logrando tamén o pase para o Campionato de España.

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL INDIVIDUAL:

IMG-20160606-WA0000

Por outra banda, en Valladolid, se celebraba o primeiro Campionato de España Individual Infantil, a onde se desprazaron tres atletas do club, Dani Mato, Pablo Díaz e Deki Mato.

Tras unhas boas actuacións, en categoría triatlón B feminino Deki acadaría o posto 23. En categoría triatlón B masculino, Pablo acabaría no posto 25, e Dani remataría as probas en cuarta posición, a 1 punto do podio.

Comida de fin de tempada 2015/2016

Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada.  Este ano será no Squash de Milladoiro o dia 3 de Xullo de 2016. Ese mesmo día celebrase o milla urbana de Ames. A comida será sobre as 3 da tarde.

O prezo e de 12 € para adultos e 10 € o menú infantil. O menú adulto  leva empanada e tortilla de primeiro, costilla de porco con patatas de segundo e de postre flan de huevo, café e auga, cerveza ou viño. O menú infantil esta composto de tortilla e pizza, de segundo milanesa de polo con patacas, de postre vaso de xeado e de bebida auga e refrescos. Tamén están convidados os atletas e acompañantes do noso Club filial Atletismo Santiago.

Para anotarse hai que cubrir o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1NO8a6gzj4TbDArjsuVoaHaeub5K-hN9ydOZIX84qWB0/viewform

Tedes ata o día 26 de  Xuño para anotaros!! Para pagar, como sempre, pode facerse mediante transferencia bancaria ou ben entregando os cartos a algún membro da xunta directiva. Non se aceptan cartos o día da comida!!

De momento, ide anotando a data nas vosas axendas!!!

Moitas grazas

CAMPIONATOS GALEGOS POR EQUIPOS BENXAMIN, ALEVÍN E INFANTIL

O pasado día 22 de Maio celebráronse, de modo conxunto, os campionatos galegos nas categorías benxamín, alevín e infantil. O Millaraio foi un dos poucos clubes en competir nas tres categorías, en ambos sexos. Foi unha xornada completa de emocións, ateigada de éxitos individuais (tres victorias, seis segundos, e once terceiros postos) e tamén colectivos.

Pola mañán, os catro equipos dos mais novos loitaron cos mellores conxuntos de Galicia, no que supuxo o debut nunha competición de rango autonómico para moitos deles. As benxaminas rozaron o podio, sendo cuartas a soamente tres puntos do Ría Ferrol (terceiro) e cinco do Marineda Atlético (segundo), a bastante distancia da fortísima escuadra do Vila de Cangas. Os seus compañeiros de categoría masculina quedaron décimos nunha competición igualadísima, dominada finalmente polo San Narciso de Marín.

En alevíns masculino, acadamos a sexta posición, a menos de dez puntos do terceiro, e as féminas foron oitavas. Franciscanos de Lugo e Fontes do Sar foron os campións nestas dúas categorías.

Na sesión de tarde, a emoción foi en aumento, pois nos campionatos infantís, tanto masculino como femenino, a paridade entre Vila de Cangas, Ourense Atletismo e Millaraio, foi a tónica dominante. Varios dos nosos atletas conseguiron marca para os campionatos nacionais individuais. Únicamente despois dos respectivos relevos, se puideron coñecer os postos de honra. Primeiramente se anunciou o podio masculino, cun meritorio terceiro posto de Millaraio, a apenas catro puntos do Ourense Atletismo, que foi segundo, destacándose nas últimas probas o novo campión, Vila de Cangas. Pero o mellor resultado chegou da man das rapazas do equipo infantil. No remate da competición se anunciou o segundo posto de Millaraio, por detrás de Ourense Atletismo, pero fomos informados polo pai dunha das integrantes do equipo do erro cometido polos xuices ao computar as puntuacións no relevo. Unha vez formulada a correspondente protesta polo noso Director Deportivo, João, fíxose xustiza, aceptándose a reclamación e sendo proclamadas oficialmente CAMPIONAS GALEGAS NA CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA POR EQUIPOS.

podio_chicas

A festa rematou como xa ven sendo habitual, co barullo no podio e o chapuzón na ría.

Nos próximos días coñeceremos si os infantís, tanto chicas como chicos, conseguen a ansiada clasificación para o Campionato Nacional por equipos da categoría, que se celebrará en Castellón o vindeiro mes.

podio_chicos

Acompañamos esta crónica con imaxes cedidas por Alberto Troiteiro, a quen lle agradecemos a súa xentileza.

MILLARAIO Campión galego cadete masculino por equipos

Este pasado sábado nas pistas de Ferrol equipo cadete masculino de MillaRaio proclamouse campión galego por equipos nun emocionante e apretadísimo campionato que mantivo unha gran igualdade ata o último momento.

IMG-20160508-WA0018

Este éxito e ainda mais resaltable por dous motivos. O primeiro pola importancia que dende o clube damos ás competicións por equipos, o obxetivo principal da tempada. E segundo, polo gradísimo logro que supón revalidar título na categoría convertíndose en Campións Galegos por equipos por segundo ano consecutivo.

IMG-20160508-WA0013

Destacar a gran actuación do equipo cadete feminino que logrou a novena praza no campionato esforzándose ó máximo e acadando uns grandes rexistros.

O mais destacable, como sempre, o gran ambiente entre os atletas, o compañerismo o que disfrutades e o que nos facedes disfrutar ós demais, noraboa a tod@s.

 

Millaraio no xogade escolar da Pobra

Desafiando a la lluvia y el viento, nuestros infantiles volvieron a dejar bien alto el pabellón de Millaraio en la Segunda Jornada Xogade Escolar en Pista, en las pistas de Cabío.
Como siempre, destacaremos a nuestros ganadores individuales por pruebas: Dani Mato, que hizo doblete en 500 y 150 metros lisos, Pablo Alonso, que voló por encima del listón situado a 1,37 metros, Sara Lema y Manuel Labella que vencieron en 3.000 metros marcha, y el pleno en el podio de las combinadas femeninas, a cargo de Uxía Fernández, Ainhara Troiteiro y Uxía Rey.


Otros muchos nos hicieron vibrar, como Diego Seoane disputando los 1.000 metros hasta el último suspiro, Inés López venciendo su serie de 80 metros lisos y quedando segunda en el total, o los siempre emocionantes relevos.
Fue una tarde repleta de mejores marcas personales y de triunfos, con la vista puesta en los próximos campeonatos provinciales y gallegos, y con el objetivo de conseguir por primera vez la clasificación para el Campeonato Nacional de Castellón con los equipos de ambos sexos, después de haberlo conseguido con el equipo masculino en Alcobendas 2014 y Valladolid 2015.

GRAN ACTUACIÓN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A pasada fin de semana dous atletas de MillaRaio, Victor Mosteiro e Diego Alonso participaron no Campionato de España Cadete de Pista Cuberta celebrado en Oviedo.

IMG-20160312-WA0003Diego Alonso participou nos 3000 ml, onde logrou un gran 11º posto convertíndose no primeiro atleta galego nesta proba.

Victor Mosteiro logrou mínimas para participar en duas probas, os 60 ml e a pértiga. Nos 60 ml chegou ata semifinais melleronda a sua marca personal.

12772036_118629785196239_3587825138038077288_oNo concurso de pértiga, onde se daban cita 27 atletas de toda España, Victor logrou, mellorando tamém o seu rexistro persoal, un grandísimo 7º posto, sendo ó igual que Diego o mellor atleta galego da proba.

Noraboa ós dous por este gran campionato.

10 MEDALLAS DE MILLARAIO NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE PISTA CUBERTA

A pasada fin de semana celebrouse nas pistas de Riazor na Coruña o Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete ata onde desprazamos a mais de 40 atletas.

En duas grandes xornadas de atletismo onde a maior parte dos nos@s atletas melloraron os seus rexistros personais, o clube acadou 10 medallas.

Dende esta fin de semana contamos con 3 novos campions galegos, Dani mato nos 1000 infantís, Diego Alonso nos 3000 cadete e Victor Mosteiro nos 50 ml, campionato que completou co bronce logrado na pertiga cadete.

IMG-20160306-WA0002Destacar o doblete acadado por Sabela Ferras na lonxitude infantil e nos 50 ml.

SAMSUNG CSC

E os subcampeonatos galegos logrados por Deki Mato nos 1000 infantís, Pablo Fernández no peso cadete, Antón Gómez na pertiga Infantil e Pablo Díaz no triple salto.

image_5439A destacar coma sempre o gran ambiente entre os atletas sempre pendentes un dos outros animándose e axudándose en cada momento. Noraboa a tod@s.

SUSPENSION DO PROVINCIAL DE CROSS

Por motivos meteorolóxicos o Servizo Provincial de Deportes vese obrigado a suspender o Campionato Provincial de Campo A Través de Narón deste Sabado.

En canto teñamos a confirmación de nova datas para esta carreira informaremos o tódolos atletas implicados.

alerta1

DIEGO ALONSO REPRESENTA A MILLARAIO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Este domigo o noso atleta Diego Alonso representará a MillaRaio no Campionato de España Cadete de Campo a Través por autonomías, como menbro da Selección Galega

O nacional celebrarase en Burgos e como sempre agardamos unha gran actuación do noso atleta.

SAMSUNG CSC

Tamén estará representando á Selección Galega Arturo Ramos, atleta do Club Atletismo Santiago que a pasada tempada formaba parte de MillaRaio e que competirá na categoría Xuvenil.

SAMSUNG CSC

Dende aquí mandamos todo o noso apoio e forza a estos dous grandes rapaces e atletas.