Los infantiles SEXTOS en el Campeonato de España sub-14 por equipos

El equipo infantil (sub-14) masculino ha logrado la mejor clasificación en la historia del club en el Campeonato de España sub-14 por equipos celebrado los días 16-17 de junio en Guadalajara, competición en la que quedaron sextos de un total de treinta equipos clasificados. Todos tuvieron una gran actuación mejorando sus marcas.

Daniel Mato medalla de prata no Campionato de España por Seleccións Autonómicas Sub16

Daniel Mato foi seleccionado para participar, como lanzador de xavelina, coa Selección Galega no Campionato de España por Seleccións Autonómicas Sub16 en Idade Escolar celebrado o 16 -17 de xuño en Avilés, quedando en segunda posición na súa proba e obtendo así a medalla de prata.

 

Campionatos de Galicia Individuais

O día 27 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato de Galicia Individual Sub-16, no que os nosos atletas acadaron un total de cinco medallas. Daniel Mato proclamouse campión galego en lazamento de xavelina e foi terceiro en 300 metros lisos. Pablo Alonso resultou campión galego no salto de altura, e Zulfa Muíño foi prata en 3000 metros marcha. Iago Cid acadou o bronce en lanzamento de xavelina, proba na que Pablo Alonso foi cuarto. Destacar tamén os cuartos postos de Iago Cid no salto con pértega, Uxía Fernández nos 100 metros valados, e Teodora Ruso nos 1500 metros obstáculos.

O Campionato de Galicia Individual das categorías Sub-10, Sub-12 e Sub-14 tivo lugar en Pontevedra o día 9 de xuño. Para este campionato lograron a clasificación 30 atletas do club. Na categoría Sub-12 Irene Vidal proclamouse campiona galega en salto de altura, sendo Pablo Cariñena cuarto nos 60 metros lisos. Na categoría Sub-14 Daniel Cariñena foi vencedor e campión galego en lanzamento de disco, e subcampión en 80 metros lisos. David García proclamouse campión galego en salto de altura. Destacan tamén os cuartos postos de Matías Barca en 80 metros lisos e 80 metros valados, Mario Vilar no lanzamento de peso, e David García no triple salto, sendo Roi Manteiga quinto nesta proba.

Daniel Cariñena Bronce no Campionato de España Sub-14 individual

Os días 2 e 3 de xuño disputouse nas pistas de atletismo de San Fernando, Cádiz, o campeonato de España Infantil individual, no que participou Daniel Cariñena López na especialidade de Triatlon D. Este triatlon está formado polas probas de 80 metros lisos, lanzamento de peso e lanzamento de disco. Tras unha extraordinaria competición durante as dúas xornadas, Daniel Cariñena alzouse cunha merecida medalla de bronce, a primeira medalla nacional do club en categoría masculina e segunda na súa historia.

Campionatos de Galicia por Clubs 2017-2018

Resumimos a participación do Millaraio nas competicións por equipos desta tempada, destacando os resultados dos equipos masculinos sub-14, prata no campionato galego celebrado en Lugo o 12 de maio, e sub-16, bronce no campionato galego celebrado na Coruña o 5 de maio, e no que resultou quinto o equipo feminino.

No campionato de Galicia de relevos celebrado en Ourense o 17 de maio, o equipo sub-16 acadou dous podios, sendo prata no relevo 4x100m e bronce no relevo 4x300m. As rapazas sub-14 quedaron en cuarta posición no relevo 4x80m.

Control de marcas cancelado

O control de marcas foi cancelado a día de hoxe por decisión do comité de xuíces da Federación.

Control de Marcas en Santiago

O sábado 3 de marzo, en xornada de tarde, o club colabora no desenvolvemento do control de marcas organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo, que terá lugar nas pistas de atletismo da USC.

Regulamento e inscricións na web da FGA.

Excelente participación do club no XI Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de Pista Cuberta

Este ano 24 atletas do club participaron no Campionato Galego Sub10(BEN) – Sub12(ALE) – Sub14(INF) celebrado na Pista Cuberta de Expourense o 25 de febreiro. Esta alta participación deu lugar a moitas melloras de marcas persoais, e a consecución de cinco medallas, entre elas un campionato galego.

Doblete do club nos 60 metros lisos sub14, sendo ouro e campión galego Daniel Cariñena, e prata Matías Barca, cun tempo na final de 8.19 e 8.36 segundos respectivamente.

Medalla de prata para Ariana Collazo no lanzamento de peso sub10, que se foi ata os 5.92m.

Bronce para Ángela Eiras no triple salto sub14, con 9.31m.

E bronce tamén para Matías Barca nos 60 metros valados sub14, cun tempo de 10.80 segundos.

Parabéns a todos os participantes!!!

Máis fotos do campionato no Facebook.

Lotería de Nadal: número 90225

Estimados soci@s,

loteriaXa temos dispoñible a lotería de Nadal do club para os que queirades comprar ou ben vender participacións. Temos o número 90225, en participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o clube. Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os que queirades comprar ou axudar a vender poñédevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva. Dádevos presa que xa se están acabando!!

Moitas grazas.

PROCESO DE ALTA

Para formalizar a alta dun novo atleta, unha vez enviado o formulario de preinscrición, descargue e cumprimente os seguintes documentos:

Ficha Tempada 2017-18

Domiciliación bancaria

Domiciliacion bancaria editable en libre office

Envíe por correo electrónico os documentos cubertos á conta:

altaerenovacion@millaraio.es