Author Archives: millaraio

Mateo Aller no Campionato de España sub18 en Pista Cuberta

MATEO ALLER representou ao club no Campionato de España Sub18 en pista cuberta que se celebrou en Valencia o 7 e 8 de marzo, competindo na proba de 60m valos.

8 de marzo – Día da Muller

🎆🎆 Día da Muller. Parabéns a todas!! 🏃‍♀️🏃‍♀️🏃‍♀️🏃‍♀️🏃‍♀️🏃‍♀️🏃‍♀️🏃‍♀️🏃‍♀️ #8marzo #díadamuller #díadelamujer

Campionato de Galicia Absoluto en Pista Cuberta

Récord de participación de atletas do club no Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta: cinco da categoría sub18 (Manuela Raviña, Carla Pérez, Uxía Rey, Mateo Aller e Diego Liñares) e tres da categoría sub16 (Asier Cabo, Daniel Cariñena e … Continue reading

Campionato de Galicia Máster en Pista Cuberta

Dous atletas máster do club participaron no Campionato de Galicia de Pista Cuberta, conseguindo catro medallas, dous ouros e dous bronces: Ouro para David López Vilariño en pértega M45, saltando 2,55 MMP, e para Puri Cariñena en 400m F45, cun … Continue reading

A selección galega sub16, prata no Campionato de España de marcha

A marchadora do club Salomé Segade foi convocada pola Selección Galega de Marcha para o equipo Sub16 que participou no Campionato de Marcha Sub16 por Federacións que se celebrou o día 16 de febreiro en Torrevieja (Alicante), proclamándose subcampión de … Continue reading

IX Campionato de Galicia de Inverno Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Lanzamentos Longos

No Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos Longos Sub20 celebrado en Pontevedra o 15 de febreiro participaron dous atletas do club, Torcuato Labella e Antón Nogueira, conseguindo un total de tres medallas. Torcuato labella foi prata en xavelina e … Continue reading

Xogade – Campo a Través – Campionato de Galicia 2020

O 15 de febreiro celebrouse en Portas (Pontevedra) a final do Campionato de Galicia de Campo a Través – Xogade. O club clasificou a dous atletas para esta final, Mateo Dagnac na categoría sub12, que finalmente resultaría subcampión galego. E … Continue reading

Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos de Menores 2020 (Sub 16 e Sub 18)

Aínda que as condicións metorolóxicas eran moi adversas para o desenvolvemento da competición, os lanzadores das categorías sub16 e sub18 do club deron o mellor de si no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos celebrado na pista de atletismo de … Continue reading

Cinco medallas no Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta

Destacada participación do Millaraio no LXIII Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta celebrado o día 8 de febreiro na pista cuberta de Riazor, con cinco medallas e varias MMP. Manuela Raviña, prata nos 50 metros lisos, 7.00 Pablo Díaz, … Continue reading

XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

O MillaRaio volveu destacar no XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en Marín o 1 de febreiro. Manuel Labella Blanco proclamouse subcampión galego masculino na categoría sub18, na distancia de 10km marcha, con MMP de 57:28. Salomé … Continue reading

Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Pista Cuberta

Segundo posto por equipos do club no Campionato de Galicia de Probas Combinadas Sub 16, 18, 20, 23 e Absoluto na Pista Cuberta de Ourense celebrado a fin de semana do 18 e 19 de xaneiro, no que o club … Continue reading

Fase comarcal de Campo a Través Xogade

Excelente colleita de trofeos por equipos na segunda fase comarcal de Campo a Través Xogade: primeiro posto para o equipo Sub12 feminino, segundo posto para os equipos Sub14 masculino e Sub16 feminino, e terceiro posto para os equipos Sub12 e … Continue reading

I Carreira-andaina dos Inocentes 2019

O 28 de decembro o Concello de Ames organiza a I Carreira-andaina dos Inocentes 2019. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox. e a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3 integrantes. Toda … Continue reading

Xantar de Nadal

Chega o Nadal, e como todos os anos, celebramos o tradicional xantar coas familias do club. Boa compaña e agasallos cortesía dos nosos colaboradores Rueiro Centro de Salud Dental, Panadería Xallas, Tómate más fruta, AmeSport, 吴彩萍(Paloma Center). Bo Nadal!!!🎄

Final da Liga Abanca

Éxito por partida dobre do Millaraio na Final da Liga Abanca celebrada o 15 de decembro en Ourense. Subiron ao podio os dous equipos clasificados para esta final, o sub14 masculino e o sub12 masculino. Os rapaces sub14 foron segundos … Continue reading

Campionato de España de Marcha de Inverno de promoción

O 7 de decembro celebrouse en Azuaga (Badajoz) o Campionato de España de Marcha de Inverno de promoción, no que participaron dúas atletas sub16 do club: Sofía Campos e Salomé Segade. Fenomenal actuación por parte de ambas, rematando Sofía na … Continue reading

Terceira Xornada Liga Abanca

A terceira xornada da Liga Escolar Abanca celebrouse Riveira. Nesta última xornada clasificatoria para a final de novo tivemos unha grande participación do club en todas as categorías. Unha mágoa que as condicións da zoa de caída nos saltos de … Continue reading

Campionato de Galicia de Inverno de Marcha

Excelentes resultados no Campionato de Galicia de Inverno de Marcha. Ouro para Salomé Segade en categoría sub16 feminino, prata para Alfonso Labella en categoría sub14 masculino e bronce para Manuel Labella en categoría sub16 masculino. Ademais, os sub12 David Moreno … Continue reading

Segunda Xornada Liga Abanca

A segunda xornada da Liga Escolar Abanca celebrouse en Bastiagueiro polos problemas para atopar instalacións na delegación de Santiago. Novamente grande participación das tres categorías sub10, sub12 e sub14 a pesar das malas condicións meteorolóxicas. #AddomoArquitecturaModular.

O Millaraio no Cross Internacional Atapuerca

Deki Mato e Pablo Díaz desplazáronse a Burgos para participar o 9 de novembro nesta proba de campo a través.