Category Archives: Campionatos de Galicia

XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

O MillaRaio volveu destacar no XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en Marín o 1 de febreiro. Manuel Labella Blanco proclamouse subcampión galego masculino na categoría sub18, na distancia de 10km marcha, con MMP de 57:28. Salomé … Continue reading

Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Pista Cuberta

Segundo posto por equipos do club no Campionato de Galicia de Probas Combinadas Sub 16, 18, 20, 23 e Absoluto na Pista Cuberta de Ourense celebrado a fin de semana do 18 e 19 de xaneiro, no que o club … Continue reading

Campionato de Galicia de Inverno de Marcha

Excelentes resultados no Campionato de Galicia de Inverno de Marcha. Ouro para Salomé Segade en categoría sub16 feminino, prata para Alfonso Labella en categoría sub14 masculino e bronce para Manuel Labella en categoría sub16 masculino. Ademais, os sub12 David Moreno … Continue reading

Campionato de Galicia de Probas Combinadas

A fin de semana do 27 e 28 de xullo celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Combinadas. Nesta edición o club participou con cinco atletas, conseguindo dous podios. Mateo Aller proclamouse campión no Octathlon sub16 masculino, no … Continue reading

CAMPIONATO DE GALICIA Sub14 EN PISTA AO AIRE LIBRE 2018/2019

O 22 de xuño celebrouse en Lugo o Campionato de Galicia sub14, no que participaron 9 atletas do club. En categoría masculina destacou o atleta Alejandro Jiménez, que se proclamou campión dos 80m e subcampión do salto de lonxitude. Destacar … Continue reading

XXXII CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER EN PISTA AO AIRE LIBRE

O domingo 9 de xuño celebrouse en Bastiagueiro o campionato galego da categoría máster, no que participaron tres atletas do club, cos seguintes resultados: David López Vilariño foi ouro no salto de altura M45, Antonio Pose foi prata en 100mv … Continue reading

XIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB10-SUB12 EN PISTA AO AIRE LIBRE

Novamente gran xornada para os rapaces e rapazas do club, desta vez no Campionato Galego individual sub10-sub12 celebrado onte en Lugo. Na categoría sub12 participaron Nuno Castro no salto de lonxitude, proclamándose campión galego, e nos 60m, proba na que … Continue reading

12 MEDALLAS NO VIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 e LXVII SUB18

Dezasete atletas da categoría sub16 e dez da categoría sub18 participaron no XVIII Campionato de Galicia SUB16 e LXVII SUB18 de pista ao aire libre celebrado o sábado 25 de maio nas pistas de atletismo de Balaídos, obtendo un total … Continue reading

Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas

Gran actuación d@s combiner@s no Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas. Despois de dous días de competición as rapazas remataron nun merecido quinto posto, e con MMP a nivel individual. Os rapaces remataron en terceira posición, tamén con … Continue reading

CAMPIONATO DE GALICIA POR EQUIPOS SUB10-12-14 NO BARCO DE VALDEORRAS

O día 17 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o VIII Campionato de Galicia de Clubs Sub10 – Sub12 – Sub14. O Club Atletismo Millaraio participou con cinco equipos, nas categorías masculina e feminina sub14 e sub12, e feminina … Continue reading

Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20

Espectacular actuación no Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20 celebrado o 5 de maio nas pistas da Malata de Ferrol. Os dous equipos sub16 do Club, masculino e feminino, finalizaron segundos, nunha emocionante competición especialmente na categoría feminina, … Continue reading

XXX Campionato de Galicia Master de Pista Cuberta

Puri Cariñena obtivo medalla de prata en 60m e 200m e bronce en 400m na categoría F45. Antonio Pose foi bronce no salto de lonxitude M50. Participaron ademais Manuel Anxo Suárez, Javier García e Dolores Miramontes nos 60m.

XXXII Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta

Dezaseis atletas do club participaron no Campionato de Galicia sub16 en Pista Cuberta celebrado o 2 de marzo en Ourense. Grandes marcas e un total de seis medallas: catro ouros, unha prata e un bronce. Ouro por partida doble para … Continue reading

XII Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

Gran participación dos atletas das categorías sub12 e sub14 no Campionato de Galicia de Pista Cuberta celebrado o 24 de febreiro en Expourense, no que se obtiveron un total de catro medallas (dous ouros, unha prata e un bronce), e … Continue reading

Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta

Un total de seis atletas participaron no Campionato de Galicia en Pista Cuberta, na categoría sub18, celebrado o 23 de febreiro na pista de Expourense: Laura Barbazán en lanzamento de peso e nos 60m valos, Antón Gómez en 60m e … Continue reading

Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos sub16, sub18 e sub20

Gran actuación dos nosos lanzadores no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos sub16, sub18 e sub20 celebrado o 16 de febreiro en Pontevedra, cun total de catro medallas para os atletas do club, e moitas melloras de marcas. Daniel Mato … Continue reading

Éxito na participación do club nos campionatos de Galicia de Probas Combinadas

Un total de 8 atletas do club participaron no Campionato de Galicia de Probas Combinadas celebrado en Lugo os días 26 e 27 de xaneiro. En categoría sub-16 Mateo Aller foi primeiro, sendo terceiro Iago Cid e quinto Mario Vilar. … Continue reading

Campionatos de Galicia Individuais

O día 27 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato de Galicia Individual Sub-16, no que os nosos atletas acadaron un total de cinco medallas. Daniel Mato proclamouse campión galego en lazamento de xavelina e foi terceiro en … Continue reading

Campionatos de Galicia por Clubs 2017-2018

Resumimos a participación do Millaraio nas competicións por equipos desta tempada, destacando os resultados dos equipos masculinos sub-14, prata no campionato galego celebrado en Lugo o 12 de maio, e sub-16, bronce no campionato galego celebrado na Coruña o 5 … Continue reading

Excelente participación do club no XI Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de Pista Cuberta

Este ano 24 atletas do club participaron no Campionato Galego Sub10(BEN) – Sub12(ALE) – Sub14(INF) celebrado na Pista Cuberta de Expourense o 25 de febreiro. Esta alta participación deu lugar a moitas melloras de marcas persoais, e a consecución de cinco … Continue reading