Preinscrición 2024/2025
Colaborador principal
Séguenos
Selecciona un tema:
Colaboradores
-
Últimas entradas
Subvencionado por:
Category Archives: Xeral
I Carreira-andaina dos Inocentes 2019
O 28 de decembro o Concello de Ames organiza a I Carreira-andaina dos Inocentes 2019. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox. e a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3 integrantes. Toda … Continue reading
Xantar de Nadal
Chega o Nadal, e como todos os anos, celebramos o tradicional xantar coas familias do club. Boa compaña e agasallos cortesía dos nosos colaboradores Rueiro Centro de Salud Dental, Panadería Xallas, Tómate más fruta, AmeSport, 吴彩萍(Paloma Center). Bo Nadal!!!🎄
Visita á clínica dental Rueiro en Bertamiráns
Tamén fomos de visita á clínica doutro dos colaboradores desta tempada, Rueiro Centro de Salud Dental en Bertamiráns #RueiroKids #DentalRueiro #RueiroconelDeporte
La Cesta Natural, colaborador do club
Visita á La Cesta Natural en Bertamiráns, un dos novos colaboradores do club para a tempada actual.
XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
O 27 de outubro celebrouse a Carreira Pedestre do Concello de Ames, coa que colaboramos na organización, e na que de novo tivemos unha grande participación de atletas, nais e pais do club, como voluntarios e/ou como corredores nas diferentes … Continue reading
Carreira e Andaina da Familia e Día do Deporte do Concello de Ames
O sábado 28 de setembro celebrouse o Día do Deporte no Concello de Ames, no que o Club estivo presente en horario de mañá e tarde. Pola mañá combinamos os adestramentos habituais do club coa participación na Carreira e Andaina … Continue reading
Gala de premiación do Corresan 2018
O 20 de setembro celebrouse a Gala de Premiación do Circuito Corresan do ano pasado, no edificio Cersia en San Lázaro, con dous premios por equipos para o Millaraio: terceiro por equipos na categoría escolar, e terceiro tamén na categoría … Continue reading
O MILLARAIO NO CAMIÑO: CORCUBIÓN-FISTERRA
O sábado 7 de setembro, dentro das actividades do Campus de setembro “Correndo Cara O Xacobeo”, que forma parte do programa O Teu Xacobeo financiado pola Xunta de Galicia, os rapaces e rapazas puideron coñecer esta etapa do Camiño acompañados … Continue reading
VI CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO: Correndo cara o Xacobeo
Xa está en marcha o VI Campus de Atletismo MillaRaio “Correndo cara o Xacobeo”, do 2 ó 10 de setembro, proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa O teu Xacobeo.
VI CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO: Correndo cara o Xacobeo
Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o Club participa coa celebración do VI Campus de Atletismo MillaRaio, do 2 ó 10 de setembro. O campus está aberto a nen@s nados entre 2013 e 2006 e terá … Continue reading
Cambio na Presidencia do Club
Unha vez rematado o proceso electoral, e celebrada a Asemblea Xeral convocada para o día 5 de Abril de 2019, foi proclamada Presidenta do Club Atletismo MillaRaio Purificación Cariñena Amigo.
Gala do Atletismo Galego
O 29 de marzo a Federación Galega de Atletismo celebrou en A Estrada a súa Gala de recoñecemento aos atletas destacados do ano 2018, e entre eles estiveron Daniel Mato e Zulfa Muíño. Dani foi medalla de ouro en lanzamento … Continue reading
Renovamos a colaboración con Addomo Arquitectura Modular
Comezaron todas as categorías escolares a participación nos Xogade. O día 16 foron as probas combinadas sub14 e as individuais sub10 na Pobra, e o pasado sábado 23, as combinadas sub12 e as individuais sub14 en Riveira. Coma sempre, moi … Continue reading
Convocatoria Asemblea
O próximo venres 5 de Abril de 2019 (ás 20:30 h. en primeira convocatoria e ás 21:00 h. en segunda convocatoria) celebrarase no campo de adestramento de Biduído a Asemblea Extraordinaria correspondente ao remate do proceso de eleccións á presidencia … Continue reading
Convocatoria de Eleccións á Presidencia do Club
Benqueridas/os socias/os: Na reunión da Xunta Directiva celebrada en data 6 de Marzo de 2019, por unanimidade, acordouse convocar eleccións á Presidencia do Club Atletismo Millaraio, sendo a data das eleccións o día 5 de Abril de 2019, entre as … Continue reading
Xantar de Nadal
Lembrade que o próximo sábado 15 de decembro teremos o tradicional xantar de nadal do club. Nesta ocasión será no restaurante San Martiño de Teo ás 15:00. O día 15 de decembro será tamén a data límite para devolver a … Continue reading
Lotería de Nadal: número 78255
Estimados soci@s, Xa temos dispoñible a lotería de Nadal do club para os que queirades comprar ou ben vender participacións. Temos o número 78255, en participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o club. Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os … Continue reading
V CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO
Do 3 ó 11 de setembro celebrarase o V Campus de Atletismo MillaRaio no complexo deportivo de Bertamiráns. O campus está aberto a nen@s nados entre 2012 e 2006 e terá lugar en horario de mañá, de 09: a 13:30. … Continue reading
Preinscrición para a tempada 2018-2019
Con vistas a organizar o inicio da próxima tempada, tedes a vosa disposición na seguinte ligazón o formulario de preinscrición: Formulario Unha vez cuberto, recibiredes por correo electrónico a información sobre o club. No mes de setembro poñerémonos en contacto … Continue reading
Control de marcas cancelado
O control de marcas foi cancelado a día de hoxe por decisión do comité de xuíces da Federación.