MATEO ALLER representou ao club no Campionato de España Sub18 en pista cuberta que se celebrou en Valencia o 7 e 8 de marzo, competindo na proba de 60m valos.


MATEO ALLER representou ao club no Campionato de España Sub18 en pista cuberta que se celebrou en Valencia o 7 e 8 de marzo, competindo na proba de 60m valos.
🎆🎆 Día da Muller. Parabéns a todas!! 🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️
#8marzo
Récord de participación de atletas do club no Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta: cinco da categoría sub18 (Manuela Raviña, Carla Pérez, Uxía Rey, Mateo Aller e Diego Liñares) e tres da categoría sub16 (Asier Cabo, Daniel Cariñena e Matías Barca).
Nos 60 metros lisos en categoría feminina participaron Manuela Raviña, que conseguiu chegar á final, quedando finalmente na sexta posición, e Uxía Rey. En categoría masculina participaron Asier Cabo, Daniel Cariñena, Matías Barca e Diego Liñares.
Asier Cabo competiu no no triple salto, no que rematou en quinta posición cun rexistro de 12,30m, logrando así a marca mínima para o Campionato de España sub16.
Mateo Aller participou no salto de altura, no que foi quinto, e no salto de lonxitude.
Carla Pérez foi novena nos 400m vencendo na súa serie.
Dous atletas máster do club participaron no Campionato de Galicia de Pista Cuberta, conseguindo catro medallas, dous ouros e dous bronces:
Ouro para David López Vilariño en pértega M45, saltando 2,55 MMP, e para Puri Cariñena en 400m F45, cun crono de 1:12.95. Bronce para David López Vilariño en altura M45, cunha marca de 1,49, MMP, e para Puri Cariñena en 200m F45, que correu en 32.98
Ademais, Puri foi cuarta en 60m F45 e David finalista en Peso M45.
A marchadora do club Salomé Segade foi convocada pola Selección Galega de Marcha para o equipo Sub16 que participou no Campionato de Marcha Sub16 por Federacións que se celebrou o día 16 de febreiro en Torrevieja (Alicante), proclamándose subcampión de España nesta categoría.
No Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos Longos Sub20 celebrado en Pontevedra o 15 de febreiro participaron dous atletas do club, Torcuato Labella e Antón Nogueira, conseguindo un total de tres medallas. Torcuato labella foi prata en xavelina e bronce en martelo, mentras que Antón Nogueira foi prata en disco.
O 15 de febreiro celebrouse en Portas (Pontevedra) a final do Campionato de Galicia de Campo a Través – Xogade. O club clasificou a dous atletas para esta final, Mateo Dagnac na categoría sub12, que finalmente resultaría subcampión galego. E Valeria Batire Guridi, da categoría sub16, que rematou na 15ª posición.
Aínda que as condicións metorolóxicas eran moi adversas para o desenvolvemento da competición, os lanzadores das categorías sub16 e sub18 do club deron o mellor de si no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos celebrado na pista de atletismo de Vilagarcía de Arousa.
Dani Cariñena foi bronce no lanzamento de disco sub16.
Sara Castelo rematou en cuarta posición no lanzamento de disco sub18. Alfonso Labella foi quinto en xavelina e sétimo en martillo sub16. E Laura Barbazán non tivo sorte nunhas condicións tan complicadas, e logo de rozar o podio nos 50 metros valos o día anterior en Coruña, non pudo puntuar neste campionato no lanzamento de martelo sub18.
Destacada participación do Millaraio no LXIII Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta celebrado o día 8 de febreiro na pista cuberta de Riazor, con cinco medallas e varias MMP.
Manuela Raviña, prata nos 50 metros lisos, 7.00
Pablo Díaz, prata nos 1500 metros, 4:31.83
Antón Riveiro, prata nos 50 metros lisos, 6.27
Carla Pérez, bronce nos 400 metros, 1:02.49
Mateo Aller, bronce en salto de lonxitude, 5,92m. Ademais, Mateo chegou á final en 50 metros valos, conseguindo na semifinal con 7.53 a mínima para o Campionato de España de Pista Cuberta.
Laura Barbazán foi cuarta en 50 metros valos (8.57). Uxía Rey en 50 metros lisos e Diego Liñares en 50 metros lisos e 50 metros valos conseguiron tamén meterse nas respectivas semifinais. Magníficas tamén as participacións de también de Sabela Ferrás e Laura Barbazan en 50 metros lisos e Manuela Raviña en salto de lonxitude. E botando en falta a Antón Gómez, recuperándose da súa recente lesión.
AÚPA MILLARAIO 💙💙💙
Agradecemos as fotos das premiacións a Víctor Hugo.
O MillaRaio volveu destacar no XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en Marín o 1 de febreiro.
Manuel Labella Blanco proclamouse subcampión galego masculino na categoría sub18, na distancia de 10km marcha, con MMP de 57:28.
Salomé Segade Buide foi quinta na distancia de 5 km marcha Sub 16 feminina, con MMP de 27:50.
Noel Ferraces Delgado foi sétimo en 5km marcha Sub16 masculino, con MMP de 30:45.
E sen puntuar para o campionato galego, Sara Lema Seoane participou nos 5km marcha absolutos con MMP de 32:39.
Segundo posto por equipos do club no Campionato de Galicia de Probas Combinadas Sub 16, 18, 20, 23 e Absoluto na Pista Cuberta de Ourense celebrado a fin de semana do 18 e 19 de xaneiro, no que o club participou con nove atletas.
Mateo Aller subiu ao podio, acadando o terceiro posto na categoría Sub18 Masculino.
Dani Cariñena rematou en cuarta posición na categoría Sub16, a tan só 29 puntos do terceiro clasificado. Ademais consegui a marca mínima para o campionato de España de Pista Cuberta na proba dos 60 lisos, cun crono de 7.56.
Laura Barbazán foi 5° Sub18 feminina
Iago Cid, 6° Sub18 Masculino
Noel Ferraces, 9° Sub16 Masculino
Alejandro Jiménez, 10° Sub16 Masculino
Matías Barca, 11° Sub16 Masculino
Alfonso Labella, 13° Sub16 Masculino
Irene Rodiles, 16° Sub16 Feminino
Excelente colleita de trofeos por equipos na segunda fase comarcal de Campo a Través Xogade: primeiro posto para o equipo Sub12 feminino, segundo posto para os equipos Sub14 masculino e Sub16 feminino, e terceiro posto para os equipos Sub12 e Sub16 masculinos.
Mención especial para os clasificados a título individual para a fase provincial:
Mateo Dagnac 4º sub12
Lucas Dagnac 4️º sub16
Sama Aller 5️ª sub10
Noraboa a tod@s!!!
O 28 de decembro o Concello de Ames organiza a I Carreira-andaina dos Inocentes 2019. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox. e a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3 integrantes.
Toda a recadación do día irá destinada a SOGAPS, (SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI).
ACTIVIDADES
17:30 Entrega de dorsais e agasallo na carpa organización
18:30 Sesión de quecemento grupal
18:40 I Carreira e andaina do Inocente Concello de Ames
19:30 SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS –FIN DE FESTA
Inscricións e máis información: https://www.carreirasgalegas.com/…/7202ec76-6bc6-9b15-52c1-…
Chega o Nadal, e como todos os anos, celebramos o tradicional xantar coas familias do club. Boa compaña e agasallos cortesía dos nosos colaboradores Rueiro Centro de Salud Dental, Panadería Xallas, Tómate más fruta, AmeSport, 吴彩萍(Paloma Center).
Bo Nadal!!!🎄
Éxito por partida dobre do Millaraio na Final da Liga Abanca celebrada o 15 de decembro en Ourense. Subiron ao podio os dous equipos clasificados para esta final, o sub14 masculino e o sub12 masculino. Os rapaces sub14 foron segundos na súa categoría, mentras que os sub12 remataron en terceira posición nunha competición moi axustada.
Moi bo inicio de curso de cara a próxima tempada 2020, na que contaremos con moitos colaboradores para seguir disfrutando do atletismo: Addomo Arquitectura Modular, Rueiro Centro de Salud Dental, Altia, Tómate más fruta, Panadería Xallas, La Cesta Natural, Clinica Veterinaria Saudevet – Horacio Figueira, Ansu-Car Milladoiro, A Mona Ramona Bertamiráns e #PalomaCenter
Nova no xornal El Correo Gallego
O 7 de decembro celebrouse en Azuaga (Badajoz) o Campionato de España de Marcha de Inverno de promoción, no que participaron dúas atletas sub16 do club: Sofía Campos e Salomé Segade. Fenomenal actuación por parte de ambas, rematando Sofía na quinta posición, e Salomé na novena.
A terceira xornada da Liga Escolar Abanca celebrouse Riveira. Nesta última xornada clasificatoria para a final de novo tivemos unha grande participación do club en todas as categorías. Unha mágoa que as condicións da zoa de caída nos saltos de lonxitude e triplo dificultaran o desenvolvemento das probas.
Excelentes resultados no Campionato de Galicia de Inverno de Marcha. Ouro para Salomé Segade en categoría sub16 feminino, prata para Alfonso Labella en categoría sub14 masculino e bronce para Manuel Labella en categoría sub16 masculino. Ademais, os sub12 David Moreno e Nadir Moreira conseguiron rematar a súa proba sen avisos na súa estrea nesta modalidade, sendo finalmente 8º e 9º. Sara Lema tamén rematou sen avisos a proba sub16, mentras que Sofía Campos foi descalificada a 100 da meta cando ía rematar en primeira posición nesta categoría.
A segunda xornada da Liga Escolar Abanca celebrouse en Bastiagueiro polos problemas para atopar instalacións na delegación de Santiago. Novamente grande participación das tres categorías sub10, sub12 e sub14 a pesar das malas condicións meteorolóxicas. #AddomoArquitecturaModular.
Deki Mato e Pablo Díaz desplazáronse a Burgos para participar o 9 de novembro nesta proba de campo a través.