Author Archives: millaraio
V XORNADAS DE PORTAS ABERTAS – MILLARAIO
En setembro volvemos abrir as portas do Club de Atletismo MillaRaio! Se tes ganas de correr, saltar, lanzar, aprender e, sobre todo, pasalo ben facendo deporte, estas xornadas son para ti! Durante as xornadas poderás coñecer o noso club, aos … Continue reading
XII Campus de Atletismo MillaRaio – 2026
O XII Campus de Atletismo MillaRaio celebrarase na zona deportiva do Milladoiro, en dúas quendas: QUENDA 1: 22, 23, 25-26 e 29-30 de xuño8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30). QUENDA 2: 31 de agosto e … Continue reading
III Xornadas de Portas Abertas – Setembro 2024
Queres vir probar a adestrar con nós? En setembro teremos as III Xornadas de Portas Abertas: durante a semana, pola tarde, os días 11, 16 e 18 de setembro nas pistas da USC, e os sábados 14 e 21 de … Continue reading
Nuno Castro, subcampión de España sub14
No Campionato de España Sub14 Individual celebrado en Sevilla o 29 e 30 de maio, Nuno Castro proclamouse subcampión no triatlón B cun total de 1.402 puntos, a 58 puntos do primeiro posto. Empezou a xornada noveno e no lanzamento … Continue reading
Campionato de Galicia Máster en Pista Aire Libre
Celebrouse en Pontevedra o 30 de maio o XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao aire libre con dobre participación do club, e un total de 3 medallas para os nosos atletas máster: prata para David López en … Continue reading
Récord de participación do club no Campionato de España Individual Sub14
Por primeira vez, 4 atletas sub14 do club están clasificados para oCampionato de España Individual desta categoría. O MillaRaio será o club con máis participacións da comunidade galega nesta edición, que terá lugar en Sevilla. No triatlón B (1000m, salto … Continue reading
Mínima de Salomé Segade para o Campionato de España Sub18
A marchadora Salomé Segade conseguiu a marca mínima nos 5000m marcha para o LXX Campionato de España Sub18 que se celebrará en Huelva os días 24 e 25 de Xullo. Participando como filial no XXXVII Campionato de Galicia de Clubs … Continue reading
O equipo sub16 masculino, campión de Galicia de Clubs
O equipo Sub16 masculino proclamouse vencedor no XXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub16 disputado nas pistas do CGTD de Pontevedra o 22 de maio, destacando entre os oito mellores equipos galegas con 97 puntos. Impresionante rendimento do equipo, con … Continue reading
Segunda sesión técnica do sector de lanzamentos
O sábado 15 de maio tivo lugar nas instalacións de Bastiagueiro a segunda sesión técnica do sector de lanzamentos da FGA, na que participou o atleta sub14 do club Nuno Castro, na modalidade de xavelina. Unha xornada moi ben aproveitada … Continue reading
Alfonso Labella acada a mínima para o Campionato de España sub16 en martelo
O atleta sub16 Alfonso Labella lanzou o martelo ata os 48,82 metros durante a celebración da 4ª xornada da Copa Deputación de Lugo o domingo 9 de maio, acadando a mínima para o XX Campionato de España Sub16 que se … Continue reading
Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubes
A fin de semana do 8-9 de maio o club participou no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubes (sábado e domingo en Pontevedra) con tres atletas da categoría sub16, aínda que finalmente non logrou entrar na clasificación … Continue reading
Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, A Pobra (8 de maio)
Excelentes resultados para o Club Atletismo MillaRaio no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en A Pobra de Caramiñal o sábado 8 de maio. Ouro para Salomé Segade nos 5km sub18, e para David Moreno nos 2km … Continue reading
Control de marcas 2 de maio de 2021
Deixámosvos aquí o álbum de fotos do Control de marcas organizado por Club Atletismo MillaRaio, Club Atletismo Noia e Club Atletismo Fontes do Sar o 2 de maio nas pistas de San Lázaro do Concello de Noia https://www.facebook.com/media/set?vanity=clubatletismo.millaraio&set=a.3973547926072126
Campionato de Galicia sub12 e sub14 en Pista Cuberta – 2021
Nova xornada de competición moi desfrutada pol@s atletas do club. Participaron neste campionato 3 atletas da categoría sub12 e 10 da categoría sub14. Moitas melloras nas marcas, e catro medallas, con dous campións de Galicia sub14. David Moreno venceu nos … Continue reading
Campionato de Galicia sub16 en Pista Cuberta – 2021
Éxito para @s participantes no Campionato de Galicia sub16 de Pista Cuberta celebrado o 13 de marzo na pista de Expourense, no que tod@s melloraron ou igualaron as súas marcas persoais. Ouro para Noel Ferraces no salto de altura con … Continue reading
Campionato Galego de Medio-Fondo e Fondo sub-16 e controis de marcas
Triple cita en Pontevedra o sábado 6 de marzo: Campionato Galego de Medio-Fondo e Fondo sub16, no que participaron Noa Piñeiro (6ª na final A) e Lucas Lesmes (2º na final C) en 600m e Diego Fagúndez nos 3000m (7º … Continue reading
Primeiro premio do concurso de disfraces doado por Rueiro Centro de Salud Dental
O Entroido este ano tivémolo que celebrar dunha forma “alternativa” debido ás restricións para a mobilidade e para adestrar en grupo presencialmente. Aínda así, celebramos o noso concurso de disfraces a través do Zoom, deixando a entrega de premios para … Continue reading
Campionato de Galicia sub18-sub20 en Pista Cuberta 2021
Dúas medallas para o club no Campionato de Galicia sub18 en Pista Cuberta celebrado o 28 de febreiro en Ourense. Daniel Cariñena acadou o bronce nos 200m sub18, mellorando a súa marca na semifinal e novamente na final cun excelente … Continue reading
Campionato de Galicia de lanzamentos longos de Inverno – sub16
Tres lanzadores do club, Alfonso Labella, Pablo Cariñena e Lucas Lesmes, participaron no Campionato de Galicia de lanzamentos longos sub16 celebrado o 27 de febreiro en Pontevedra. Alfonso Labella proclamouse campión galego de lanzamento de martelo e subcampión de lanzamento … Continue reading








