Queres vir probar a adestrar con nós? En setembro teremos as III Xornadas de Portas Abertas: durante a semana, pola tarde, os días 11, 16 e 18 de setembro nas pistas da USC, e os sábados 14 e 21 de setembro pola mañá no campo de lanzamentos de Biduido (Ventín-Milladoiro). A actividade está aberta a nad@s en 2018 ou anos anteriores.
Por motivos de aforo, precisamos que cubrades o seguinte formulario de rexistro indicando os días que queredes participar:
O X Campus de Atletismo MillaRaio celebrarase na zona deportiva do Milladoiro, en dúas quendas:
QUENDA 1: 25-28 de xuño: 8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30). QUENDA 2: 2-6 e 9-10 de setembro: 8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30).
O campus está aberto a nen@s nad@s entre 2017 e 2011 (ambos incluídos).
Concibido como ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas, ofrece aos atletas moz@s do Club a posibilidade de minimizar a perda de contacto co deporte durante as vacacións. Para pequen@s de fóra do Club, é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.
A semana anterior ao inicio de cada quenda enviaranse os horarios detallados de actividades do campus, que se adaptarán en función da climatoloxía. Podedes consultar aquí a circular informativa completa: BASES CAMPUS MILLARAIO
Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 16 de xuño (1ª quenda) e 24 de agosto (2ª quenda), con prezo reducido se se fai antes do 5 de xuño e 18 de agosto respectivamente:
Para formalizar a inscrición, unha vez recibida a confirmación da mesma, débese enviar o xustificante de pago e o seguinte documento de autorizacións asinado (Autorizacións) a millaraio@gmail.com
Queres vir probar a adestrar con nós? A semana do 11 ao 16 de setembro teremos as II Xornadas de Portas Abertas: durante a semana, de 17:50 a 18:50 nas pistas da USC, e o sábado 16 pola mañá na área deportiva de Milladoiro. A actividade está aberta a nad@s a partir de 2016 e anteriores.
Por motivos de aforo, precisamos que cubrades o seguinte formulario de rexistro indicando os días que queredes participar:
O IX Campus de Atletismo MillaRaio celebrarase na zona deportiva do Milladoiro, en dúas quendas:
QUENDA 1: 22-23 e 26-30 de xuño: 8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30). QUENDA 2: 1 e 4-8 de setembro: 8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30).
O campus está aberto a nen@s nad@s entre 2016 e 2010 (ambos incluídos).
Concibido como ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas, ofrece aos atletas moz@s do Club a posibilidade de minimizar a perda de contacto co deporte durante as vacacións. Para pequen@s de fóra do Club, é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.
Proporcionarase un horario cas actividades concretas na semana anterior ao inicio do campus, no que se indicarán os días de piscina (en función das previsións meteorolóxicas) e as diferentes actividades que se realizarán durante o campus. Podedes consultar aquí a circular informativa completa: BASES CAMPUS MILLARAIO
Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 16 de xuño (1ª quenda) e 24 de agosto (2ª quenda), con prezo reducido se se fai antes do 5 de xuño e 18 de agosto respectivamente:
Para formalizar a inscrición, unha vez recibida a confirmación da mesma, débese enviar o xustificante de pago e o seguinte documento de consentimento asinado (Consentimento) a millaraio@gmail.com
Queres vir probar a adestrar con nós? Como complemento a actividade do Campus de Iniciación ao Atletismo, ofrecemos a rapaces e rapazas máis maiores a posibilidade de vir adestrar ás pistas da USC os días 21, 26 e 28 de xuño, en horario de 18:00 a 19:30. A actividade está aberta a nad@s en 2011 ou anos anteriores.
Por motivos de aforo, precisamos que cubrades o seguinte formulario de rexistro indicando os días que queredes participar:
Finalizado o prazo de presentación de candidaturas á presidencia do Club Atletismo MillaRaio, convócase a Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as que terá lugar o 4 de maio de 2023 ás 20:30 h en primeira convocatoria e ás 21:00 h en segunda convocatoria, no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) – Sala de Exposicións (1º andar), coa seguinte orde do día:
Proclamación como Presidenta do Club Atletismo MillaRaio da única candidata que concorreu ás eleccións, dona Ana Albán Salgado.
Na reunión da Xunta Directiva celebrada o 29 de Marzo de 2023, por unanimidade, acordouse convocar eleccións á Presidencia do Club Atletismo MillaRaio, por transcurso do prazo de catro anos desde que foi proclamada a actual Presidenta, sendo a data das eleccións o día 4 de maio de 2023, entre as 18:00 e as 20:00 horas, celebrándose as votacións no Pazo da Peregrina (sala de exposicións, 1º andar) en Bertamiráns.
Podedes consultar o texto íntegro da convocatoria e o regulamento electoral no seguinte documento: Convocatoria Eleccións
Sendo requisito para a validez das candidaturas á Presidencia do Club a aportación do aval do 10% das/dos socias/os, proporcionamos un modelo orientativo de aval: Modelo_Aval
O próximo sábado día 17 de setembro teremos xornada de portas abertas para que poidades vir probar a actividade. Teremos horarios para todas as categorías, no espazo de adestramento de Biduido, detrás do colexio de Ventín (Ubicación Biduido).
Os horarios para cada grupo, segundo os anos de nacemento, son os seguintes:
9:30 a 11:00 – sub16 e superiores (2009-08-07-06-05-04)
10:45 a 12:15 – sub14 (2010-11)
12:15 a 13:30 – sub12-sub10-sub8 (2012-13-14-15-16)
O venres 16 de setembro celébrase o Día do Deporte no Concello de Ames. O club estará presente de 18:00 a 20:00 na pista deportiva exterior xunto á Casa da Cultura de Milladoiro. Animamos a participar a todos e todas os/as que queiran achegarse ao atletismo e coñecer o noso club.
O VIII Campus de atletismo celebrarase finalmente entre os días 1e 8 de setembro na zona deportiva de Milladoiro. O campus está aberto a nen@s nad@s entre 2015 e 2009 e terá lugar en horario de mañá, salvo o último día (8 de setembro), no que coincidindo co inicio do curso escolar trasladarase a horario de tarde. A hora de inicio de mañá será a partir das 8:30 ata as 9:00, e o horario de recollida entre 14:00 e 14:30.
Concebido como ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas, o campus ofrece aos xoves atletas do Club a posibilidade de ir retomando a actividade e o contacto c@s compañeir@s logo das vacacións. E para pequen@s de fóra do Club, é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.
A semana anterior ao inicio enviaranse os horarios detallados de actividades do campus, que se adaptarán en función da climatoloxía. Podedes consultar aquí a circular informativa completa: BASES CAMPUS MILLARAIO
Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 22 de agosto:
Para formalizar a inscrición, unha vez recibida a confirmación da mesma, débese enviar o xustificante de pago e o seguinte documento de consentimento asinado (Consentimento) a millaraio@gmail.com
No Campionato de España Sub14 Individual celebrado en Sevilla o 29 e 30 de maio, Nuno Castro proclamouse subcampión no triatlón B cun total de 1.402 puntos, a 58 puntos do primeiro posto. Empezou a xornada noveno e no lanzamento de xavelina acadou os 39,79 metros, pulverizando a súa MMP para obter a medalla de prata.
Os outros tres atletas do club clasificados para este campionato tamén brilaron, rematando David Moreno 16° no triatlón E con 877 puntos, Nadir Moreira 21° con 840 puntos tamén no triatlón E, e Jorge García 22° no triatlón C con 806 puntos. Espectacular rendemento da nosa expedición, comandada polo adestrador João Paulo Fernández.
Celebrouse en Pontevedra o 30 de maio o XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao aire libre con dobre participación do club, e un total de 3 medallas para os nosos atletas máster: prata para David López en salto de altura M45 superando o listón en 1,54 m, e prata tamén en pértega M45 (2,60 m). Bronce para Puri Cariñena nos 100 metros lisos F45 cun tempo de 15.48, sendo cuarta nos 400 metros.
Por primeira vez, 4 atletas sub14 do club están clasificados para oCampionato de España Individual desta categoría. O MillaRaio será o club con máis participacións da comunidade galega nesta edición, que terá lugar en Sevilla. No triatlón B (1000m, salto de lonxitude e lanzamento de xavelina) participará Nuno Castro Albán, quen se clasificou na sexta posición dos 24 admitidos. No triatlón C (80m, salto de altura e salto de lonxitude) participará Jorge García Guerra. E no triatlón E (80m, lanzamento de xavelina, e 2000m marcha) participarán David Moreno Martín e Nadir Moreira Gómez.
A marchadora Salomé Segade conseguiu a marca mínima nos 5000m marcha para o LXX Campionato de España Sub18 que se celebrará en Huelva os días 24 e 25 de Xullo. Participando como filial no XXXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub20 nas filas do Club Atletismo Santiago, parou o crono en 25:51.81, gañando así a proba dos 5.000 metros marcha.
Tamén contribuiron ao sexto posto por equipos femininos e terceiro global do CAS as nosas atletas Paula Dobato, cuarta na súa estrea no salto con pértega superando o listón nos 2,10 metros, e Laura Barbazán que non tivo o seu día no lanzamento de martelo, pero desfrutou da excelente experiencia.
O equipo Sub16 masculino proclamouse vencedor no XXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub16 disputado nas pistas do CGTD de Pontevedra o 22 de maio, destacando entre os oito mellores equipos galegas con 97 puntos. Impresionante rendimento do equipo, con destacadas actuacións individuais: 5 primeiros postos, 2 segundos e 2 terceiros.
Foron primeiros nas súas probas Alejandro Jiménez nos 300 metros, Yago Iglesias (filial da SD Compostela Atletismo) nos 3.000 metros, Noel Ferraces no salto de altura, e doblete de Alfonso Labella nos lanzamentos de martelo e xavelina. Segundos postos para para Alejandro Jiménez no salto de lonxitude e Pablo Cariñena no lanzamento de disco. Terceiros, Lucas Dagnac no triplo salto e Diego Fagúndez no seu debut na durísima proba dos 5.000 metros marcha. Lucas Pena foi cuarto nos 1.500 metros obstáculos, Álvaro Francos cuarto no salto con pértega e Pablo Leiva tamén cuarto no lanzamento de peso. Nas restantes probas, Pablo Cariñena foi 7° nos 100 metros, Hugo Santos 6° nos 600 metros, Lucas Dagnac 5° nos 1.000 metros, Álex Cabo 5° nos 100 metros valados e Lucas Lesmes 6° nos 300 metros valados.
Por unanimidade, os membros do equipo elixiron a Diego Fagúndez, para que os representase no mais alto dun podio restrinxido pola normativa COVID a un só atleta.
O sábado 15 de maio tivo lugar nas instalacións de Bastiagueiro a segunda sesión técnica do sector de lanzamentos da FGA, na que participou o atleta sub14 do club Nuno Castro, na modalidade de xavelina. Unha xornada moi ben aproveitada a pesar da choiva.
O atleta sub16 Alfonso Labella lanzou o martelo ata os 48,82 metros durante a celebración da 4ª xornada da Copa Deputación de Lugo o domingo 9 de maio, acadando a mínima para o XX Campionato de España Sub16 que se celebrará en xullo en Lleida.
A fin de semana do 8-9 de maio o club participou no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubes (sábado e domingo en Pontevedra) con tres atletas da categoría sub16, aínda que finalmente non logrou entrar na clasificación final pola indisposición dun dos tres atletas que formaban o equipo (Alejandro Jiménez, que tivo que abandonar logo da primeira xornada), pero os restantes compoñentes (Álex Cabo e Álvaro Francos) finalizaron a competición individualmente conseguindo ambos melloras nas súas marcas.
Excelentes resultados para o Club Atletismo MillaRaio no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en A Pobra de Caramiñal o sábado 8 de maio. Ouro para Salomé Segade nos 5km sub18, e para David Moreno nos 2km sub14, compartindo podio con Nadir Moreira que foi bronce. Bronce tamén para Manuel Labella nos 10km sub18, e prata para María Bandín en 1km sub10. Ademais, cuarto posto para Tomás Bandín nos 2km sub12, e sétimo para Carla Matos. Mágoa as descalificacións de Gabriel Novo e Eva Ojea, que servirán para aprender e mellorar de cara a próxima competición.