Category Archives: Xeral
V XORNADAS DE PORTAS ABERTAS – MILLARAIO
En setembro volvemos abrir as portas do Club de Atletismo MillaRaio! Se tes ganas de correr, saltar, lanzar, aprender e, sobre todo, pasalo ben facendo deporte, estas xornadas son para ti! Durante as xornadas poderás coñecer o noso club, aos … Continue reading
XII Campus de Atletismo MillaRaio – 2026
O XII Campus de Atletismo MillaRaio celebrarase na zona deportiva do Milladoiro, en dúas quendas: QUENDA 1: 22, 23, 25-26 e 29-30 de xuño8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30). QUENDA 2: 31 de agosto e … Continue reading
III Xornadas de Portas Abertas – Setembro 2024
Queres vir probar a adestrar con nós? En setembro teremos as III Xornadas de Portas Abertas: durante a semana, pola tarde, os días 11, 16 e 18 de setembro nas pistas da USC, e os sábados 14 e 21 de … Continue reading
Primeiro premio do concurso de disfraces doado por Rueiro Centro de Salud Dental
O Entroido este ano tivémolo que celebrar dunha forma “alternativa” debido ás restricións para a mobilidade e para adestrar en grupo presencialmente. Aínda así, celebramos o noso concurso de disfraces a través do Zoom, deixando a entrega de premios para … Continue reading
VII Andaina Solidaria Contra a Violencia de Xénero
Todas e todos podemos deixar a nosa pegada contra a violencia de xénero. Desde o club animámosvos a participar na VII Andaina Solidaria Contra a Violencia de Xénero. Inscricións ata o día 27 de novembro na páxina web: http://caminoaorespecto.gal/inscribete #25N#CamiñoAoRespecto#contraaviolenciadexenero#NON
VII Campus de Atletismo MillaRaio
Presentamos a VII edición do Campus de Atletismo MillaRaio, que se celebrará do 13 ao 31 de xullo e do 31 de agosto ao 9 de setembro. O campus está aberto a nen@s nados entre 2014 e 2007 e terá … Continue reading
A desescalada nos adestramentos do club
Pouco a pouco retomamos a actividade do club ao aire libre. En grupos restrinxidos e con todas as medidas de seguridade sanitarias, imos comezando de novo cos adestramentos ao aire libre, mantendo a distancia de seguridade e cada atleta co … Continue reading
A actividade do club non parou durante o confinamento
Neste vídeo contámosvos como foi a nosa actividade durante os meses de confinamento. Queremos agradecer a tod@s (atletas, adestradores e familias) pola súa implicación para que o confinamento non nos parase. E a Ames Radio pola difusión.
O club apoia ao comercio local
Desde o club queremos amosar o noso apoio ao comercio local #MercaEnAmes Moitos deles nos apoian:Addomo Arquitectura Modular, Rueiro Centro de Salud Dental, Altia, La Cesta Natural, A Mona Ramona Bertamiráns, Tómate más fruta, Panadería Xallas, Clinica Veterinaria Saudevet – … Continue reading
Confinamento pola COVID-19: adestrar na casa
A situación de confinamento fainos ter que cambiar a maneira de adestrar. Xa que temos que quedar na casa, os adestradores do club axúdannos a adestrar sen salir á rúa: Neste video, os adestradores Nacho Rivas e Nico Ramil amósannos … Continue reading
8 de marzo – Día da Muller
🎆🎆 Día da Muller. Parabéns a todas!! 🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️🏃♀️ #8marzo #díadamuller #díadelamujer
IX Campionato de Galicia de Inverno Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Lanzamentos Longos
No Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos Longos Sub20 celebrado en Pontevedra o 15 de febreiro participaron dous atletas do club, Torcuato Labella e Antón Nogueira, conseguindo un total de tres medallas. Torcuato labella foi prata en xavelina e … Continue reading
I Carreira-andaina dos Inocentes 2019
O 28 de decembro o Concello de Ames organiza a I Carreira-andaina dos Inocentes 2019. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox. e a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3 integrantes. Toda … Continue reading
Xantar de Nadal
Chega o Nadal, e como todos os anos, celebramos o tradicional xantar coas familias do club. Boa compaña e agasallos cortesía dos nosos colaboradores Rueiro Centro de Salud Dental, Panadería Xallas, Tómate más fruta, AmeSport, 吴彩萍(Paloma Center). Bo Nadal!!!🎄
Visita á clínica dental Rueiro en Bertamiráns
Tamén fomos de visita á clínica doutro dos colaboradores desta tempada, Rueiro Centro de Salud Dental en Bertamiráns #RueiroKids #DentalRueiro #RueiroconelDeporte
La Cesta Natural, colaborador do club
Visita á La Cesta Natural en Bertamiráns, un dos novos colaboradores do club para a tempada actual.
XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
O 27 de outubro celebrouse a Carreira Pedestre do Concello de Ames, coa que colaboramos na organización, e na que de novo tivemos unha grande participación de atletas, nais e pais do club, como voluntarios e/ou como corredores nas diferentes … Continue reading
Carreira e Andaina da Familia e Día do Deporte do Concello de Ames
O sábado 28 de setembro celebrouse o Día do Deporte no Concello de Ames, no que o Club estivo presente en horario de mañá e tarde. Pola mañá combinamos os adestramentos habituais do club coa participación na Carreira e Andaina … Continue reading
Gala de premiación do Corresan 2018
O 20 de setembro celebrouse a Gala de Premiación do Circuito Corresan do ano pasado, no edificio Cersia en San Lázaro, con dous premios por equipos para o Millaraio: terceiro por equipos na categoría escolar, e terceiro tamén na categoría … Continue reading








