Author Archives: millaraio

Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20

Espectacular actuación no Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20 celebrado o 5 de maio nas pistas da Malata de Ferrol. Os dous equipos sub16 do Club, masculino e feminino, finalizaron segundos, nunha emocionante competición especialmente na categoría feminina, … Continue reading

As nosas marchadoras na 1ª XORNADA XXXVI COPA DEPUTACION DE ATLETISMO EN PISTA

O sábado 13 de abril acudiron ás pistas de Pereiro de Aguiar en Ourense as marchadoras do club Sofía Campos, Salomé Segade e Mayka Jueguen. Na proba de 3000 marcha Sofía Campos conseguiu a marca mínima para o Campionato de … Continue reading

Cambio na Presidencia do Club

Unha vez rematado o proceso electoral, e celebrada a Asemblea Xeral convocada para o día 5 de Abril de 2019, foi proclamada Presidenta do Club Atletismo MillaRaio Purificación Cariñena Amigo.

Competicións da fin de semana

Esta fin de semana algúns dos maiores do club repartíronse entre a Liga Individual de Lanzamentos Longos en Cangas (Laura Barbazán e Zulfa Muíño en martillo, sendo terceira e cuarta na clasificación da xornada), e o XXXII RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZ … Continue reading

Gala do Atletismo Galego

O 29 de marzo a Federación Galega de Atletismo celebrou en A Estrada a súa Gala de recoñecemento aos atletas destacados do ano 2018, e entre eles estiveron Daniel Mato e Zulfa Muíño. Dani foi medalla de ouro en lanzamento … Continue reading

Participación do club no VIII Trofeo Club Deportivo Aurum

As nosas marchadoras Sofía Campos e Salomé Segade participaron nos 3000m marcha do VIII Trofeo Club Deportivo Aurum o domingo 24 de marzo en Ourense. Tamén competiu a nosa adestradora Mayka Jueguen, nos 5000m marcha. Tanto Sofía como Mayka foron … Continue reading

Renovamos a colaboración con Addomo Arquitectura Modular

Comezaron todas as categorías escolares a participación nos Xogade. O día 16 foron as probas combinadas sub14 e as individuais sub10 na Pobra, e o pasado sábado 23, as combinadas sub12 e as individuais sub14 en Riveira. Coma sempre, moi … Continue reading

Concentración do Plan Galego de Tecnificación Atlética do sector de lanzamentos

O sábado 23 de marzo dous atletas do club, Dani Mato en xavelina, e Dani Cariñena en disco, participaron na concentración do sector de lanzamentos que tivo lugar nas instalacións do INEF en Bastiagueiro.

Convocatoria Asemblea

O próximo venres 5 de Abril de 2019 (ás 20:30 h. en primeira convocatoria e ás 21:00 h. en segunda convocatoria) celebrarase no campo de adestramento de Biduído a Asemblea Extraordinaria correspondente ao remate do proceso de eleccións á presidencia … Continue reading

Deki Mato e Mateo Aller no Campionato de España sub16 en pista cuberta

Despois dos ouros conseguidos no Campionato de Galicia sub16 en pista cuberta nos 1000m e no salto de altura, respectivamente, Deki e Mateo competiron nestas mesmas probas no Campionato de España celebrado en Sabadell o 16-17 de marzo. Deki finalizou … Continue reading

XXX Campionato de Galicia Master de Pista Cuberta

Puri Cariñena obtivo medalla de prata en 60m e 200m e bronce en 400m na categoría F45. Antonio Pose foi bronce no salto de lonxitude M50. Participaron ademais Manuel Anxo Suárez, Javier García e Dolores Miramontes nos 60m.

Convocatoria de Eleccións á Presidencia do Club

Benqueridas/os socias/os: Na reunión da Xunta Directiva celebrada en data 6 de Marzo de 2019, por unanimidade, acordouse convocar eleccións á Presidencia do Club Atletismo Millaraio, sendo a data das eleccións o día 5 de Abril de 2019, entre as … Continue reading

XXXII Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta

Dezaseis atletas do club participaron no Campionato de Galicia sub16 en Pista Cuberta celebrado o 2 de marzo en Ourense. Grandes marcas e un total de seis medallas: catro ouros, unha prata e un bronce. Ouro por partida doble para … Continue reading

XII Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

Gran participación dos atletas das categorías sub12 e sub14 no Campionato de Galicia de Pista Cuberta celebrado o 24 de febreiro en Expourense, no que se obtiveron un total de catro medallas (dous ouros, unha prata e un bronce), e … Continue reading

Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta

Un total de seis atletas participaron no Campionato de Galicia en Pista Cuberta, na categoría sub18, celebrado o 23 de febreiro na pista de Expourense: Laura Barbazán en lanzamento de peso e nos 60m valos, Antón Gómez en 60m e … Continue reading

Dani Mato no IV Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos Menores

O 23 de febreiro Dani Mato participou en Castellón no Campionato de España de Inverno de Lanzamientos Longos Menores, en categoría sub18, onde cun gran rexistro de 52,65m ocupou a quinta praza na clasificación de lanzamento de xavelina.

Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos sub16, sub18 e sub20

Gran actuación dos nosos lanzadores no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos sub16, sub18 e sub20 celebrado o 16 de febreiro en Pontevedra, cun total de catro medallas para os atletas do club, e moitas melloras de marcas. Daniel Mato … Continue reading

Final do Campionato de Galicia de Campo a Través – Xogade

O 16 de febreiro en horario de mañá celebrouse en Pereiro de Aguiar a fase final do Campionato de Galicia de Campo a Través – Xogade. Para esta final galega clasificouse o equipo sub12 masculino e de maneira individual, a … Continue reading

Sofía Campos coa selección galega sub16 de marcha

Sofía Campos participou coa Selección Galega Sub16 no Campionato de España de Federacións disputado no Vendrell. Sofia fixo unha gran carreira, rematando como mellor atleta galega e 16ª de España. Conseguiu rebaixar 1’54” a súa marca quedando moi preto da … Continue reading

Éxito na participación do club nos campionatos de Galicia de Probas Combinadas

Un total de 8 atletas do club participaron no Campionato de Galicia de Probas Combinadas celebrado en Lugo os días 26 e 27 de xaneiro. En categoría sub-16 Mateo Aller foi primeiro, sendo terceiro Iago Cid e quinto Mario Vilar. … Continue reading