Campionato Escolar Atletismo en pista – Comarcal Santiago e Noia
Este sábado día 6 vaise a celebrar en Riveira o Campeonato Escolar de Atletismo en pista. Esta é a primeira das duas competicións clasificatorias para o provincial (a outra será o 20/04 en a Pobra, co mesmo horario) e o Millaraio conta con 56 atletas inscritos en todas categorías.
A continuación compartimos o enlace para as probas e os horarios:
*Os que non van en autobús recordade que de non estar media hora antes da proba podedes quedar sen participar na mesma.
* Levar a camiseta oficial do clube (branca) e no caso de non tela, a azul. Todos os que teñen zapatillas de clavos deben levalas!
CITIUS ALTIUS FORTIUS-Campeonato Galego Cadete en Pista Cuberta
Deixamosvos o enlace do programa número 92 Citius,Altius,Fortius da TVG no que podedes ver un resumo do Campeonato Galego de Pista Cuberta celebrado o día 2 de marzo en A Coruña ,e no que participaron atletas do noso clube.Poderedes ver tamén no minuto 24.23 ao noso membro Martín Fernandez, no podio de salto de lonxitude no que acadou unha marca de 5.32 mts
Noraboa a todos!!
Trofeo Fontes do Sar – Millaraio 2º Por equipos
O Sábado día 23 vimos de celebrar o Primeiro Campionato do club Fontes do Sar, evento preparado man a man co noso club Millaraio e coa colaboración de Federación Galega de Atletismo, materializada polos Xuíces e pola labor da súa delegación en Santiago.
I Trofeo fontes do Sar
De novo este sábado temos unha cita co atletismo, esta vez participando no I Trofeo Fontes do Sar, no Estadio Universitario de Santiago. Serán probas para escolares, dende pre-benxamín ata xuvenil, e nalgunhas disciplinas tamén poderán participar as categorías superiores. Por suposto o noso club terá participación en tódalas categorías e en todas as disciplinas e tamén botaremos unha man na organización para o que lles faga falta unha vez que a programación das probas foi feita en conxunto con o Millaraio e o ontes do Sar tamén colaborou no noso Torneo.
I Trofeo MILLARAIO. Resultados e clasificacións
Este Sábado 16 o noso clube ven de prepar o seu primeiro campeonato, cun éxito notable, a pesar de todos os problemas surxidos a última hora.
Os primeiros clasificados forón os equipos do Clube anfitrión, non sen unha forte disputa na categoría femenina que faría con que apenas 2 puntos separasen o campión do segundo colocado (Atlética A Silva) que pola súa conta sacou 3 pontos ao conxunto femenino do AT. Barbanza!
Aquí tendes as clasificacións por equipos :
- MILLARAIO, 47 PUNTOS.
- USC, 20 PUNTOS.
- ATLETICA A SILVA, 16 PUNTOS.
- RIA DE FERROL-CONCEPCIÓN ARENAL, 7 PUNTOS.
- SUAREZ MARQUIER, 5 PUNTOS.
- ATLETICA NEGREIRA, 5 PUNTOS.
- AT. BARBANZA, 4 PUNTOS.
- VIGUESA DE ATLETISMO, 4 PUNTOS.
- FONTES DO SAR, 4 PUNTOS.
- ELITE NOIA, 3 PUNTOS.
- AT. NOIA, 3 PUNTOS
- R.C. CELTA, 2 PUNTOS.
- S.G. PONTEVEDRA, 2 PUNTOS.
- C.A. AFFLELOU NARON, 2 PUNTOS.
- A. TUI, 2 PUNTOS.
- AT. DEZA, 2 PUNTOS.
- MILLARAIO, 23 PUNTOS.
- ATLETICA A SILVA, 21 PUNTOS.
- AT. BARBANZA, 18 PUNTOS.
- AT. VILA DE CANGAS, 14 PUNTOS.
- ATLETISMO CUNTIS, 14 PUNTOS.
- USC, 8 PUNTOS.
- FONTES DO SAR, 7 PUNTOS.
- A. FEMENINO CELTA, 5 PUNTOS.
- AT. DEZA, 3 PUNTOS.
- COMESAÑA SPORTING CLUB, 3 PUNTOS.
- CLUB ATLETISMO A ESTRADA, 3 PUNTOS.
- CLUB ALEJANDRO GOMEZ, 1 PUNTO.
O Sábado que ven esperamos de novo unha festa do atletismo en pista coa disputa do Trofeo Atletismo Fontes do Sar co cal tamén colaboraremos axudando a organización e onde levaremos a maioría dos nosos 80 atletas para facer a súa posta a punto de cara ao escolar do día 06/04 en Ribeira!
I Trofeo MILLARAIO de atletismo en pista
O clube fará a inscripción dos atletas de Millaraio, durante a semán informarase ós atletas do clube acerca das probas nas que tomarán parte.
Aquí tedes o enlace á relación das probas que se disputarán o sábado e o horario das mesmas:
Campionato galego cadete pista cuberta
A nosa atleta completa de combinadas Andrea González, tiña unha maratón de probas por diante! Pola Mañana, correu as series e as semifinais dos 50m.l (7”44) e participou na final de Salto de Lonxitude onde non tivo fortuna no axuste do talonamento e realizou 3 nulos quedando fora da mellora. Pola tarde, na carreira con valos fixo unha boa actuación (9”25, MMP), tendo en conta o pouco adestramento específico de esta proba que ten feito ata agora.

É un grande orgullo para o clube levar a 7 atletas a unha competición autonomica onde se retan contra os mellores atletas de Galicia e por ribaTODOS melloran suas marcas persoais!
Actividades fin de semana e europeo de atletismo
Campionato Provincial de Campo a Través-Culleredo
Sudadeiras e loteria
Comentaros a todos os socios que se amplia o prazo para probar as sudaderas e cazadoras ata finais de ano. Para probalas podedes achegarvos pola tenda Centro Deportivo (situada en San Pedro de Mezonzo, Santiago). As sudaderas están totalmente subvencionadas polo clube e entregaranse de forma gratuíta, so tendes que pasar pola tenda e deixar indicado o voso nome e a talla.
Insistir en que unha vez rematado o prazo o club non se fai responsable de que existan nenos/as sin esta prenda. Por outra banda, as cazadoras teñen un custo de 25 euros e poden ser adquiridas ben usando os puntos que teña o atleta ou ben pagando esta cantidade. A cazadora esta parcialmente subvencionada polo club.
Tamén informaros que o club adquiriu 2 décimos para xogar a lotería do número 5.857. No caso de que o número sexa premiado, este diñeiro será destinado a realizar actividades deportivas.
Primeira gran cita do inverno: campo a través escolar
Carreira en vedra
Uff que frio










