O 16 de febreiro en horario de mañá celebrouse en Pereiro de Aguiar a fase final do Campionato de Galicia de Campo a Través – Xogade. Para esta final galega clasificouse o equipo sub12 masculino e de maneira individual, a atleta sub16 Valeria Batire Guridi.
Logo dunha gran carreira Valeria rematou 16ª na clasificación xeral, e os nosos sub12 finalizaron sextos na súa categoría. Os rapaces déronno todo na competición, animando e axudándose durante toda a proba. Felicidades a eles e aos pais e nais que como sempre axudaron en todo momento.