Material

Equipación de competición

A camiseta de competición será entregada en préstamo e deberá ser devolta no caso de que o atleta abandone o club.

É obrigatorio que o atleta acuda as competicións oficiais coa camiseta de competición do club e cun pantalón deportivo curto ou malla de cor negra.

Tamén debería levar a chaqueta oficial (con cremalleira e capucha, que podedes ver na imaxe), que podedes mercar na tenda AmeSport de Bertamiráns.

Equipación complementaria

O club conta co seguinte material complementario, ademais da chaqueta obrigatoria, que podedes mercar se estades interesados tamén en AmeSport de Bertamiráns.

Para calquera dúbida ou consulta sobre material podedes escribr ao correo material@millaraio.es.

Roupeiro

Para facilitar a reutilización da roupa e outro material do club entre os membros do mesmo, o club xestiona un roupeiro ao que todos os membros do club teñen acceso: roupa ou zapatillas que os rapaces e rapazas xa non precisan ou que lles quedou pequeno. Se algún membro do club desexa entregar material para o roupeiro ou precisa algunha peza dispoñible no mesmo, debe escribir a material@millaraio.es. Podedes consultar o catálogo de material dispoñible aquí.