Se estás interesado en formar parte do noso club cumprimenta o seguinte formulario:
O club porase en contacto contigo para coñecer as túas motivacións, e darte a coñecer os principais aspectos do noso club. O prazo de preinscrición de novos atletas permanece aberto ata cubrir as prazas dispoñibles para cada categoría.
Na primeira semana de setembro comunicaremos a data de inicio dos adestramentos, na que teremos unha reunión con nais e pais e os nen@s poderán vir descubrir como son os adestramentos e coñecer @s seus compañeir@s.
Para formalizar a alta de cada atleta, unha vez probada a actividade, enviarase o documento correspondente para cubrir os datos da ficha federativa e a información para rexistrarse na plataforma Cluber, coa que xestiona @s atletas o club.
Formalización da renovación
Para atletas do club, no mes de setembro solicitarase a información adicional que se precise para a renovación de cara ao curso 2023-2024.
No caso de non querer renovar, o atleta deberá comunicar a baixa ao club tal e como se indica no seguinte apartado.
Baixa do club
Para formalizar a baixa do club deberá enviarse un correo á dirección abaixo indicada, confirmando a baixa do atleta. Dado que o cobro de cuotas é trimestral, deberase confirmar a baixa antes de comenzar cada trimestre, para evitar que se pase o recibo do trimestre seguinte.
En caso de que a notificación chegue fora deste prazo, o socio/a terá a obriga de pagar o recibo emitido.
Mais información na dirección de correo altaerenovacion@millaraio.es