Preinscrición 2024/2025
Colaborador principal
Séguenos
Selecciona un tema:
Colaboradores
-
Últimas entradas
Subvencionado por:
Category Archives: Aire Libre
Nuno Castro, subcampión de España sub14
No Campionato de España Sub14 Individual celebrado en Sevilla o 29 e 30 de maio, Nuno Castro proclamouse subcampión no triatlón B cun total de 1.402 puntos, a 58 puntos do primeiro posto. Empezou a xornada noveno e no lanzamento … Continue reading
Campionato de Galicia Máster en Pista Aire Libre
Celebrouse en Pontevedra o 30 de maio o XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao aire libre con dobre participación do club, e un total de 3 medallas para os nosos atletas máster: prata para David López en … Continue reading
Récord de participación do club no Campionato de España Individual Sub14
Por primeira vez, 4 atletas sub14 do club están clasificados para oCampionato de España Individual desta categoría. O MillaRaio será o club con máis participacións da comunidade galega nesta edición, que terá lugar en Sevilla. No triatlón B (1000m, salto … Continue reading
Mínima de Salomé Segade para o Campionato de España Sub18
A marchadora Salomé Segade conseguiu a marca mínima nos 5000m marcha para o LXX Campionato de España Sub18 que se celebrará en Huelva os días 24 e 25 de Xullo. Participando como filial no XXXVII Campionato de Galicia de Clubs … Continue reading
O equipo sub16 masculino, campión de Galicia de Clubs
O equipo Sub16 masculino proclamouse vencedor no XXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub16 disputado nas pistas do CGTD de Pontevedra o 22 de maio, destacando entre os oito mellores equipos galegas con 97 puntos. Impresionante rendimento do equipo, con … Continue reading
Segunda sesión técnica do sector de lanzamentos
O sábado 15 de maio tivo lugar nas instalacións de Bastiagueiro a segunda sesión técnica do sector de lanzamentos da FGA, na que participou o atleta sub14 do club Nuno Castro, na modalidade de xavelina. Unha xornada moi ben aproveitada … Continue reading
Alfonso Labella acada a mínima para o Campionato de España sub16 en martelo
O atleta sub16 Alfonso Labella lanzou o martelo ata os 48,82 metros durante a celebración da 4ª xornada da Copa Deputación de Lugo o domingo 9 de maio, acadando a mínima para o XX Campionato de España Sub16 que se … Continue reading
Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubes
A fin de semana do 8-9 de maio o club participou no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubes (sábado e domingo en Pontevedra) con tres atletas da categoría sub16, aínda que finalmente non logrou entrar na clasificación … Continue reading
Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, A Pobra (8 de maio)
Excelentes resultados para o Club Atletismo MillaRaio no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en A Pobra de Caramiñal o sábado 8 de maio. Ouro para Salomé Segade nos 5km sub18, e para David Moreno nos 2km … Continue reading
Control de marcas 2 de maio de 2021
Deixámosvos aquí o álbum de fotos do Control de marcas organizado por Club Atletismo MillaRaio, Club Atletismo Noia e Club Atletismo Fontes do Sar o 2 de maio nas pistas de San Lázaro do Concello de Noia https://www.facebook.com/media/set?vanity=clubatletismo.millaraio&set=a.3973547926072126
Campionato Galego de Medio-Fondo e Fondo sub-16 e controis de marcas
Triple cita en Pontevedra o sábado 6 de marzo: Campionato Galego de Medio-Fondo e Fondo sub16, no que participaron Noa Piñeiro (6ª na final A) e Lucas Lesmes (2º na final C) en 600m e Diego Fagúndez nos 3000m (7º … Continue reading
Campionato de Galicia de lanzamentos longos de Inverno – sub16
Tres lanzadores do club, Alfonso Labella, Pablo Cariñena e Lucas Lesmes, participaron no Campionato de Galicia de lanzamentos longos sub16 celebrado o 27 de febreiro en Pontevedra. Alfonso Labella proclamouse campión galego de lanzamento de martelo e subcampión de lanzamento … Continue reading
Selección galega de marcha en ruta
A atleta sub18 Salomé Segade foi seleccionada para participar coa Selección Galega sub20 no Campionato de España de Seleccións a celebrar o 14 de febreiro en Sevilla.
Campionato de España de Marcha de Promoción, categoría sub16
O día 6 de decembro celebrouse en Getafe (Madrid) o Campionato de España de Marcha de Promoción, no que competiu Salomé Segade na proba dos 3000 metros marcha.
Campionato de Galicia de Marcha en Pista
Bronce para Manuel Labella no Campionato de Galicia de Marcha en pista sub18 celebrado en Pontevedra o domingo 22 de novembro. Salomé Segade foi cuarta na categoría sub16, a só 5 segundos do podio e mellorando a súa marca persoal. … Continue reading
Tres atletas do club nos Campionatos de España Individuais ao Aire Libre
A fin de semana do 24-25 de outubro celebráronse os Campionatos de España Individuais das categorías sub14 e sub16. No Campionato de España sub14 representaron ao club na pista de Vallehermoso en Madrid os atletas Pablo Cariñena no triatlón D … Continue reading
Campionato de España Sub14 por equipos, por sétimo ano consecutivo
O equipo Sub14 masculino participou, por sétimo ano consecutivo, no VII Campionato de España Sub14 por equipos. O MillaRaio foi nesta ocasión o único representante galego na competición masculina que se desenvolveu a fin de semana do 17-18 de outubro … Continue reading
Campionatos de Galicia ao aire libre sub16 e sub14
Resumo do Campionato de Galicia sub16 e sub14: participaron 23 atletas do club, que recolleron ademais dun total de 12 medallas, moitas melloras de marcas persoais, pese ás dificultades para adestrar nestes últimos tempos! Daniel Cariñena, proclamouse campión galego en … Continue reading
Campionato de Galicia ao Aire Libre Absoluto, Sub23-Sub20-Sub18
Despois da pausa debida á pandemia, retomáronse as competicións e os campionatos de atletismo. Entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto celebráronse nas pistas de Elviña de A Coruña o Campionato de Galicia ao Aire Libre Absoluto … Continue reading
A selección galega sub16, prata no Campionato de España de marcha
A marchadora do club Salomé Segade foi convocada pola Selección Galega de Marcha para o equipo Sub16 que participou no Campionato de Marcha Sub16 por Federacións que se celebrou o día 16 de febreiro en Torrevieja (Alicante), proclamándose subcampión de … Continue reading