Category Archives: Campionatos de Galicia

Campionato de Galicia Máster en Pista Aire Libre

Celebrouse en Pontevedra o 30 de maio o XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao aire libre con dobre participación do club, e un total de 3 medallas para os nosos atletas máster: prata para David López en … Continue reading

Mínima de Salomé Segade para o Campionato de España Sub18

A marchadora Salomé Segade conseguiu a marca mínima nos 5000m marcha para o LXX Campionato de España Sub18 que se celebrará en Huelva os días 24 e 25 de Xullo. Participando como filial no XXXVII Campionato de Galicia de Clubs … Continue reading

O equipo sub16 masculino, campión de Galicia de Clubs

O equipo Sub16 masculino proclamouse vencedor no XXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub16 disputado nas pistas do CGTD de Pontevedra o 22 de maio, destacando entre os oito mellores equipos galegas con 97 puntos. Impresionante rendimento do equipo, con … Continue reading

Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, A Pobra (8 de maio)

Excelentes resultados para o Club Atletismo MillaRaio no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en A Pobra de Caramiñal o sábado 8 de maio. Ouro para Salomé Segade nos 5km sub18, e para David Moreno nos 2km … Continue reading

Campionato de Galicia sub12 e sub14 en Pista Cuberta – 2021

Nova xornada de competición moi desfrutada pol@s atletas do club. Participaron neste campionato 3 atletas da categoría sub12 e 10 da categoría sub14. Moitas melloras nas marcas, e catro medallas, con dous campións de Galicia sub14. David Moreno venceu nos … Continue reading

Campionato de Galicia sub16 en Pista Cuberta – 2021

Éxito para @s participantes no Campionato de Galicia sub16 de Pista Cuberta celebrado o 13 de marzo na pista de Expourense, no que tod@s melloraron ou igualaron as súas marcas persoais. Ouro para Noel Ferraces no salto de altura con … Continue reading

Campionato Galego de Medio-Fondo e Fondo sub-16 e controis de marcas

Triple cita en Pontevedra o sábado 6 de marzo: Campionato Galego de Medio-Fondo e Fondo sub16, no que participaron Noa Piñeiro (6ª na final A) e Lucas Lesmes (2º na final C) en 600m e Diego Fagúndez nos 3000m (7º … Continue reading

Campionato de Galicia sub18-sub20 en Pista Cuberta 2021

Dúas medallas para o club no Campionato de Galicia sub18 en Pista Cuberta celebrado o 28 de febreiro en Ourense. Daniel Cariñena acadou o bronce nos 200m sub18, mellorando a súa marca na semifinal e novamente na final cun excelente … Continue reading

Campionato de Galicia de lanzamentos longos de Inverno – sub16

Tres lanzadores do club, Alfonso Labella, Pablo Cariñena e Lucas Lesmes, participaron no Campionato de Galicia de lanzamentos longos sub16 celebrado o 27 de febreiro en Pontevedra. Alfonso Labella proclamouse campión galego de lanzamento de martelo e subcampión de lanzamento … Continue reading

Campionato de Clubs de Probas Combinadas 2020

A fin de semana do 26-27 de decembro celebrouse en Pontevedra o Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas. O MillaRaio participou cun equipo formado polos atletas Mateo Aller (sub18), Alejandro Jiménez e Álvaro Francos (ambos sub16). Pese á … Continue reading

Campionato de Galicia de Pista Cuberta 2020 (sub12-sub14)

Os atletas sub12 e sub14 viron no pasado mes de marzo suspendido indefinidamente o seu campionato de pista cuberta, que finalmente puido celebrarse o día 19 de decembro. Oito atletas do club desplazáronse a Ourense para este campionato. Seis na … Continue reading

Campionato de Galicia de Marcha en Pista

Bronce para Manuel Labella no Campionato de Galicia de Marcha en pista sub18 celebrado en Pontevedra o domingo 22 de novembro. Salomé Segade foi cuarta na categoría sub16, a só 5 segundos do podio e mellorando a súa marca persoal. … Continue reading

Campionatos de Galicia ao aire libre sub16 e sub14

Resumo do Campionato de Galicia sub16 e sub14: participaron 23 atletas do club, que recolleron ademais dun total de 12 medallas, moitas melloras de marcas persoais, pese ás dificultades para adestrar nestes últimos tempos! Daniel Cariñena, proclamouse campión galego en … Continue reading

Campionato de Galicia ao Aire Libre Absoluto, Sub23-Sub20-Sub18

Despois da pausa debida á pandemia, retomáronse as competicións e os campionatos de atletismo. Entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto celebráronse nas pistas de Elviña de A Coruña o Campionato de Galicia ao Aire Libre Absoluto … Continue reading

CAMPIONATO DE GALICIA EN PISTA CUBERTA SUB16 E SUB20

Un total de 15 atletas representaron ao Club no Campionato de Galicia sub16 e sub20 en pista cuberta, con grandes resultados. Moitas MMP, postos de finalistas (3 finalistas 😲😲😲 na final de 60 lisos masculinos Sub16!!) e algunhas 🥇🥈🥉 medallas: … Continue reading

Campionato de Galicia Absoluto en Pista Cuberta

Récord de participación de atletas do club no Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta: cinco da categoría sub18 (Manuela Raviña, Carla Pérez, Uxía Rey, Mateo Aller e Diego Liñares) e tres da categoría sub16 (Asier Cabo, Daniel Cariñena e … Continue reading

Campionato de Galicia Máster en Pista Cuberta

Dous atletas máster do club participaron no Campionato de Galicia de Pista Cuberta, conseguindo catro medallas, dous ouros e dous bronces: Ouro para David López Vilariño en pértega M45, saltando 2,55 MMP, e para Puri Cariñena en 400m F45, cun … Continue reading

IX Campionato de Galicia de Inverno Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Lanzamentos Longos

No Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos Longos Sub20 celebrado en Pontevedra o 15 de febreiro participaron dous atletas do club, Torcuato Labella e Antón Nogueira, conseguindo un total de tres medallas. Torcuato labella foi prata en xavelina e … Continue reading

Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos de Menores 2020 (Sub 16 e Sub 18)

Aínda que as condicións metorolóxicas eran moi adversas para o desenvolvemento da competición, os lanzadores das categorías sub16 e sub18 do club deron o mellor de si no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos celebrado na pista de atletismo de … Continue reading

Cinco medallas no Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta

Destacada participación do Millaraio no LXIII Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta celebrado o día 8 de febreiro na pista cuberta de Riazor, con cinco medallas e varias MMP. Manuela Raviña, prata nos 50 metros lisos, 7.00 Pablo Díaz, … Continue reading