Category Archives: Campionatos de España

Selección galega de marcha en ruta

A atleta sub18 Salomé Segade foi seleccionada para participar coa Selección Galega sub20 no Campionato de España de Seleccións a celebrar o 14 de febreiro en Sevilla.

Campionato de España de Marcha de Promoción, categoría sub16

O día 6 de decembro celebrouse en Getafe (Madrid) o Campionato de España de Marcha de Promoción, no que competiu Salomé Segade na proba dos 3000 metros marcha.

Tres atletas do club nos Campionatos de España Individuais ao Aire Libre

A fin de semana do 24-25 de outubro celebráronse os Campionatos de España Individuais das categorías sub14 e sub16. No Campionato de España sub14 representaron ao club na pista de Vallehermoso en Madrid os atletas Pablo Cariñena no triatlón D … Continue reading

Campionato de España Sub14 por equipos, por sétimo ano consecutivo

O equipo Sub14 masculino participou, por sétimo ano consecutivo, no VII Campionato de España Sub14 por equipos. O MillaRaio foi nesta ocasión o único representante galego na competición masculina que se desenvolveu a fin de semana do 17-18 de outubro … Continue reading

Mateo Aller no Campionato de España sub18 en Pista Cuberta

MATEO ALLER representou ao club no Campionato de España Sub18 en pista cuberta que se celebrou en Valencia o 7 e 8 de marzo, competindo na proba de 60m valos.

A selección galega sub16, prata no Campionato de España de marcha

A marchadora do club Salomé Segade foi convocada pola Selección Galega de Marcha para o equipo Sub16 que participou no Campionato de Marcha Sub16 por Federacións que se celebrou o día 16 de febreiro en Torrevieja (Alicante), proclamándose subcampión de … Continue reading

Campionato de España de Marcha de Inverno de promoción

O 7 de decembro celebrouse en Azuaga (Badajoz) o Campionato de España de Marcha de Inverno de promoción, no que participaron dúas atletas sub16 do club: Sofía Campos e Salomé Segade. Fenomenal actuación por parte de ambas, rematando Sofía na … Continue reading

Campionato de España de Clubs Sub16

O equipo sub16 feminino clasificouse, por primeira vez na historia do club, para o Campionato de España de Clubs da categoría, coa colaboración das filiais de Atlética A Silva e Atletismo Negreira. O campionato celebrouse o 5 de outubro en … Continue reading

Campionato de España sub16

Tres atletas do club participaron o 6/7 de xullo no Campionato de España individual da categoría sub16: Mateo Aller, Sofía Campos e Deki Mato. Mateo Aller competiu nos 100m valos, nos que acadou un rexistro de 15.37. Sofía Campos participou … Continue reading

VI Campionato de España Sub14 por Equipos

Gran fin de semana a do 15-16 de xuño en Ciudad Real, onde o equipo sub14 masculino rematou finalmente na 17ª posición no Campionato de España por Equipos.

CATRO ATLETAS DO MILLARAIO NA SELECCIÓN GALEGA SUB16

Para a selección galega que participará no Campionato de España Sub16 de Federacións Autonómicas, a celebrar en Moratalaz os días 15-16 de xuño, foron convocados na categoría feminina Deki Mato nos 1000m e Sofía Campos nos 3000m marcha, e na … Continue reading

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB14 INDIVIDUAL

Fin de semana intenso en Soria para Alejandro Jiménez e Noel Ferraces. Rematadas as tres probas de cada triatlón, en cada un dos cales participan 36 atletas, Alejandro Jiménez foi 9º na modalidade de triatlón A (80m, 80m valos e … Continue reading

Campionato de España Individual sub-14

Alejandro Jiménez e Noel Ferraces clasificados para o Campionato de España Individual sub14, a celebrar en Soria o 1 e 2 de xuño.Alejandro participará no triatlón A (80m, 80m valos e lanzamento de peso), e Noel no triatlón E (80m, … Continue reading

Deki Mato e Mateo Aller no Campionato de España sub16 en pista cuberta

Despois dos ouros conseguidos no Campionato de Galicia sub16 en pista cuberta nos 1000m e no salto de altura, respectivamente, Deki e Mateo competiron nestas mesmas probas no Campionato de España celebrado en Sabadell o 16-17 de marzo. Deki finalizou … Continue reading

Dani Mato no IV Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos Menores

O 23 de febreiro Dani Mato participou en Castellón no Campionato de España de Inverno de Lanzamientos Longos Menores, en categoría sub18, onde cun gran rexistro de 52,65m ocupou a quinta praza na clasificación de lanzamento de xavelina.

Daniel Mato, campión de España de lanzamento de xavelina

Noraboa a Daniel Mato, que se proclamou campión de España sub-16 no Campionato celebrado o 30/06-01/07 en Castellón, cun lanzamento de 51,85 metros. .

Novo record galego na proba de 5×80 metros

Durante o Campionato de España sub-14 por equipos o equipo de relevos 5×80 metros lisos do Millaraio, formado por Matías Barca, Alejandro Jiménez, Mario Vilar, David García e Daniel Cariñena estableceu un novo record galego na proba, cun tempo de … Continue reading

O equipo infantil masculino, SEXTO no Campionato de España sub-14 por equipos

O equipo infantil (sub-14) masculino logrou a mellor clasificación na historia do club no Campionato de España sub-14 por equipos celebrado os días 16-17 de xuño en Guadalajara, competición na que quedaron sextos dun total de trinta equipos clasificados. Todos … Continue reading

Daniel Mato medalla de prata no Campionato de España por Seleccións Autonómicas Sub16

Daniel Mato foi seleccionado para participar, como lanzador de xavelina, coa Selección Galega no Campionato de España por Seleccións Autonómicas Sub16 en Idade Escolar celebrado o 16 -17 de xuño en Avilés, quedando en segunda posición na súa proba e obtendo … Continue reading

Daniel Cariñena Bronce no Campionato de España Sub-14 individual

Os días 2 e 3 de xuño disputouse nas pistas de atletismo de San Fernando, Cádiz, o campeonato de España Infantil individual, no que participou Daniel Cariñena López na especialidade de Triatlon D. Este triatlon está formado polas probas de … Continue reading