IX Campus de Iniciación ao Atletismo MillaRaio – Quenda de setembro

O IX Campus de Atletismo MillaRaio celebrarase na zona deportiva do Milladoiro, en dúas quendas:

QUENDA 1: 22-23 e 26-30 de xuño:
8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30).
QUENDA 2: 1 e 4-8 de setembro:
8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30).

O campus está aberto a nen@s nad@s entre 2016 e 2010 (ambos incluídos).

Concibido como ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas, ofrece aos atletas moz@s do Club a posibilidade de minimizar a perda de contacto co deporte durante as vacacións. Para pequen@s de fóra do Club, é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.

Proporcionarase un horario cas actividades concretas na semana anterior ao inicio do campus, no que se indicarán os días de piscina (en función das previsións meteorolóxicas) e as diferentes actividades que se realizarán durante o campus.   Podedes consultar aquí a circular informativa completa: BASES CAMPUS MILLARAIO

Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 16 de xuño (1ª quenda) e 24 de agosto (2ª quenda), con prezo reducido se se fai antes do 5 de xuño e 18 de agosto respectivamente:

FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPUS

Para formalizar a inscrición, unha vez recibida a confirmación da mesma, débese enviar o xustificante de pago e o seguinte documento de consentimento asinado (Consentimento) a millaraio@gmail.com

Para calquera consulta, dirixirse a millaraio@gmail.com