O pasado sábado 18 disputouse na Alameda de Santiago a segunda fase intercomarcal de campo a través. Ainda que a chuvia constante durante case toda a proba non axudou ó desenrolo da mesma, os atletas de Millaraio tiveron unha gran actuación nesta competición. Millaraio partía cun total de 52 atletas e 10 equipos participantes clasificando finalmente 5 equipos para o campionato provincial.
No que se refire á carreira do sábado a nivel individual lograrone un total de 6 medallas tres primeiros postos na categoría alevín feminino (Deki Mato), alevín masculino (Dani Mato) e infantil masculino (Diego Alonso). Tamén duas segundas posicións no alevín masculino (Pablo Díaz) e infantil feminino (Laura Cuesta). E por último o terceiro posto no benxamín feminino (Valeria Batire).
Na competición por equipos Millaraio tiña representacíon en 7 das 8 categorías en disputa, acadando un espectacular pleno logrando subir ó podio en sete ocasións repartidas da seguinte forma. Dous primeiros postos na categoría alevín masculino (Dani, Pablo, Ephrem, Diego, Angel y Luis) e no infantil feminino (Laura, Cristina, María, Lucía, Andrea y Claudia). Tres segundas posicións no alevín feminino (Deki, Teodora, Ana, Sabela, Noelia e Inés), infantil masculino (Diego, David, Carlos, Nicolas, Pedro y Juan) e cadete feminino (Chelo, Helena, Maria, María H., Raquel e Paula). E finalmente dous terceiros postos na categoría benxamín masculina (Mario, Jorge, Alfonso, Alfie, Antón e Eduardo)
En resumo, unha gran mañán na Alameda, no só polos resultados acadados senón polo fantástico ambiente entre os nenos e nenas do clube, animándose entre eles durante a carreiras e sobre todo divertíndose xuntos. Noraboa a todos.
Aquí tedes o enlace ós resultados da proba:
http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=2160