CAMPIONATOS GALEGOS POR EQUIPOS BENXAMIN, ALEVÍN E INFANTIL

O pasado día 22 de Maio celebráronse, de modo conxunto, os campionatos galegos nas categorías benxamín, alevín e infantil. O Millaraio foi un dos poucos clubes en competir nas tres categorías, en ambos sexos. Foi unha xornada completa de emocións, ateigada de éxitos individuais (tres victorias, seis segundos, e once terceiros postos) e tamén colectivos.

Pola mañán, os catro equipos dos mais novos loitaron cos mellores conxuntos de Galicia, no que supuxo o debut nunha competición de rango autonómico para moitos deles. As benxaminas rozaron o podio, sendo cuartas a soamente tres puntos do Ría Ferrol (terceiro) e cinco do Marineda Atlético (segundo), a bastante distancia da fortísima escuadra do Vila de Cangas. Os seus compañeiros de categoría masculina quedaron décimos nunha competición igualadísima, dominada finalmente polo San Narciso de Marín.

En alevíns masculino, acadamos a sexta posición, a menos de dez puntos do terceiro, e as féminas foron oitavas. Franciscanos de Lugo e Fontes do Sar foron os campións nestas dúas categorías.

Na sesión de tarde, a emoción foi en aumento, pois nos campionatos infantís, tanto masculino como femenino, a paridade entre Vila de Cangas, Ourense Atletismo e Millaraio, foi a tónica dominante. Varios dos nosos atletas conseguiron marca para os campionatos nacionais individuais. Únicamente despois dos respectivos relevos, se puideron coñecer os postos de honra. Primeiramente se anunciou o podio masculino, cun meritorio terceiro posto de Millaraio, a apenas catro puntos do Ourense Atletismo, que foi segundo, destacándose nas últimas probas o novo campión, Vila de Cangas. Pero o mellor resultado chegou da man das rapazas do equipo infantil. No remate da competición se anunciou o segundo posto de Millaraio, por detrás de Ourense Atletismo, pero fomos informados polo pai dunha das integrantes do equipo do erro cometido polos xuices ao computar as puntuacións no relevo. Unha vez formulada a correspondente protesta polo noso Director Deportivo, João, fíxose xustiza, aceptándose a reclamación e sendo proclamadas oficialmente CAMPIONAS GALEGAS NA CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA POR EQUIPOS.

podio_chicas

A festa rematou como xa ven sendo habitual, co barullo no podio e o chapuzón na ría.

Nos próximos días coñeceremos si os infantís, tanto chicas como chicos, conseguen a ansiada clasificación para o Campionato Nacional por equipos da categoría, que se celebrará en Castellón o vindeiro mes.

podio_chicos

Acompañamos esta crónica con imaxes cedidas por Alberto Troiteiro, a quen lle agradecemos a súa xentileza.