A selección galega sub16, prata no Campionato de España de marcha

A marchadora do club Salomé Segade foi convocada pola Selección Galega de Marcha para o equipo Sub16 que participou no Campionato de Marcha Sub16 por Federacións que se celebrou o día 16 de febreiro en Torrevieja (Alicante), proclamándose subcampión de España nesta categoría.