En primeiro lugar e antes de nada, felicitar a todos os participantes na primeira etapa clasificatoria disputada en Riveira o pasado sábado onde se viviu un bonito día de deporte e de convivencia entre os nosos deportista ao que se suman os bos resultados acadados por todos os participantes, moitos deles practicamente garantindo a praza para o campionato Provincial. O sistema de clasificación e os detalles serán informados nunha próxima circular que estamos preparando!
Por outra parte, xa queda pouco para a próxima cita na Pobra do Caramiñal, nunha xornada similar a anterior pero con a diferenza que para os atletas cadetes se suprimen as probas de pista, para buscar mellorar a organización dos tempos e evitar retrasos. Polo tanto non se celebrarán a as probas de 100m, 300m, 600m, 1000m, 3000m , 100m vallas, 300m Vallas, 1500m obstáculos e marcha para a categoría CADETE. unha vez eliminadas ditas probas axustouse o horario (acabará antes a competición) facendo algúns cambios que podedes ver a continuación:
Queremos explicarvos neste post , para unha correcta organización en relación aos preparativos das competicións e tamén co axuste das probas as demandas dos atletas (deportivas e familiares), o protocolo que temos no clube para realizar as inscripcións que ten un orde lóxico e que se explica a continuación:
1º -ENVIO DE INVITACIÓN – Con tempo de antelación suficiente (sempre que as organizacións das competicións faciliten as informacións en prazo), enviarase unha invitación onde estarán todas as informacións relacionadas ao evento, os prazos para confirmación e particularidades de cada proba. A Invitación debe ser CONFIRMADA E OS DATOS REQUERIDOS CONTESTADOS para que podamos prepararnos (pedidos de prazas de autobús, numero de adestradores que acompañarán, programación de adestramentos alternativos ás competicións se son moitos os que non acudan, etc)
2º CONSULTA CON ATLETAS – Tratamos de buscar as preferencias dos atletas falando individualmente e propoñendo algunhas probas nas que cremos que deben apuntarse para alcanzar algunha clasificación ou mínima. (na circular sobre competicións trataremos de explicar os criterios)
3º ADXUDICACIÓN DE PROBAS – O adestrador responsable de cada grupo xunto co director deportivo avaliarán a dispoñibilidade do atleta (contestación dos pais), e as probas mais interesantes segundo criterios de desenvolvemento deportivo, motivación, preparación para seguintes probas e con toda esa información, se fai a escolla da proba. Aquí tamén entran aspectos regulamentarios como o limite de 6 atletas por proba que temos no escolar en pista, por exemplo.
4º ENVIO DE LISTA DE INSCRITOS DEFINITIVA – Se envían as listas definitivas cos inscritos. Este proceso busca solucionar erros no proceso, pero NUNCA, coa intención de acoller peticións fora de prazo ou acatar cambios de pareceres sen xustificativa.
5º CONFIRMACIÓN DE ÚLTIMOS DETALLES – Nos días anteriores a proba se fai a confirmación dos últimos detalles (horarios de autobús, posibles cambios de horarios da competición, lista definitiva de probas e de atletas que pediron praza en autobús, etc).
Recordamos que facer as confirmacións por Email é a ÚNICA maneira de garantir o rexistroda información para o correcto proceso! Son 80 atletas e moitas persoas (adestradores, directiva, dirección técnica) involucradas na tarefa e de non facerse así, teremos mais posibilidades de cometer erros!Gracias a todos!