Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20

Espectacular actuación no Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20 celebrado o 5 de maio nas pistas da Malata de Ferrol. Os dous equipos sub16 do Club, masculino e feminino, finalizaron segundos, nunha emocionante competición especialmente na categoría feminina, na que as rapazas finalizaron a tan só dez puntos do primeiro posto.

Moi destacable tamén foi a actuación na categoría sub20, na que participan conxuntamente atletas das categorías individuais sub18 e sub20. No primeiro ano en que contamos con esta categoría no club, e practicamente só con atletas sub18, o equipo masculino rematou quinto, sendo oitavo o feminino.

Agradecemos a colaboración dos atletas dos clubes filiais Atlética A Silva e Club Atletismo Negreira.