CAMPIONATO DE GALICIA POR EQUIPOS SUB10-12-14 NO BARCO DE VALDEORRAS

O día 17 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o VIII Campionato de Galicia de Clubs Sub10 – Sub12 – Sub14. O Club Atletismo Millaraio participou con cinco equipos, nas categorías masculina e feminina sub14 e sub12, e feminina sub10. En todas as categorías as atletas e os atletas do club amosaron a súa versatilidade, competindo tanto en carreiras de velocidade e fondo, como en saltos e lanzamentos. Logo dunha emocionante competición de mañá nas categorías sub10 e sub12, pola tarde a competición estivo moi reñida ata o último momento, rematando o equipo sub14 masculino na segunda posición do campionato, a tan só un punto do primeiro equipo clasificado.