O pasado domingo 17 de Maio, o club atletismo Millaraio viviu unha histórica competición no Campionato Galego de Clubs que se celebrou na Coruña e que culminou coa proclamación do equipo cadete masculino como flamante CAMPIÓN GALEGO.
Pola súa parte, o equipo feminino acadou unha meritoria oitava posición, alcanzando en conxunto a 3º posición en clubs de atletismo de Galicia.
O logro acadado, máis ala do incuestionable resultado deportivo, é o de conseguir, por primeira vez na historia do Club, completar os equipos cadetes en todas as probas. Isto so é posible gracias o proxecto de tecnificación impulsado pola directiva e polo director deportivo xunto cun cadro de adestradores especialistas. Noraboa tamén a todos eles.
Grazas a todas e todos os atletas polo voso esforzo, compromiso e compañeirismo, noraboa polas vosas magnificas actuacións, e non esquezades seguir adestrando xa que o próximo 30 de maio tendes outra cita no Campionato Galego individual.