CATRO ATLETAS DO MILLARAIO NA SELECCIÓN GALEGA SUB16

Para a selección galega que participará no Campionato de España Sub16 de Federacións Autonómicas, a celebrar en Moratalaz os días 15-16 de xuño, foron convocados na categoría feminina Deki Mato nos 1000m e Sofía Campos nos 3000m marcha, e na categoría masculina Mateo Aller nos 110mv, e Diego Seoane nos 300mv.