Comida de Nadal – 14 de decembro

Como todos os anos queremos convidaros a comida de nadal. Este ano será no Restaurante Monte da Condesa, ao lado das pistas da USC as 14:30 horas do sábado 14 de Decembro. Ese mesmo día, como sabedes, temos unha competición de cross na Alameda.

O menú adulto custa 13 euros e o infantil 10 euros. O primeiro esta composto de entrantes, carne ou pescado a escoller, postre e café. De bebida teremos viño da casa, auga, refrescos ou cervexa.

O menu infantil son 10 euros e consta de entrantes, ao igual que o menú adulto, e milanesa de polo con patatas e postre. Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.

Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1m8LG8bqvFDFHQglG0Q_xJQ3iYJc7qPjsJNB1mxkKUdo/viewform

O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:

NovaGalicia Banco 2080-0372-82-3040011333

O prazo para anotarse e facer o pago remata o dia 6 de decembro.

Animadevos a asistir!! Teremos algún regaliño