ENTREGA DE PREMIOS DO I CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DIPUTACION DA CORUÑA

Este xoves día 19 de decembro entregaronse no Palacio da Diputación da Coruña os premios do primeiro circuito de carreiras populares da diputación da Coruña. Tras 10 probas disputadas acadaronse grandes éxitos tanto a nivel individual coma colectivo.

IMAG0083

A nivel individual destacar os primeiros postos de Daniel Mato Gómez na categoría alevín masculina e Degnesh María Mato Gómez  na categoría benzamín feminina. Resaltar tamén o terceiro posto de Vanesa Varela Rivas na categoría xuvenil feminina.

IMAG0088

No referente ós resultados colectivos resaltar a grandísima actuación do Millaraio obtendo o primeiro posto na competición escolar tanto na categoría masculina como feminina. E como colofón destacar o primeiro posto na categoría conxunta (escolares e absoluta) feminina.

Dende o clube queremos darvos a noraboa a tódos os que formades parte de Millaraio e que estos recoñecementos sirvan para seguir con máis forza.