HISTORICA ACTUACION NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA

Este sábado disputouse na Pista Cuberta de Riazor o Campionato Galego benxamín, alevín e infantil de pista cuberta. O clube achegou unha representación de 20 atletas que participaron en tódalas disciplinas fondo, medio fondo, velocidade, lanzamentos e saltos dando conta do gran número de disciplinas que traballa Millaraio.

En canto ós resultados do clube neste campionato so se poden calificar de impresionantes. Acadaronse un total de 4 campionatos galegos, 1 subcampionato e unha terceira plaza, e o que é maís importante, a grande maioría de atletas participantes melloraron as suas marcas persoais. Como colofón a esta gran xornada, Daniel Mato logrou o record galego en pista cuberta na proba dos 1000 metros en categoría alevín.

As seis medallas repertironse do seguinte modo. Na xornada de mañán Daniel Mato proclamouse campión galego nos 1000 metros alevín redondeando a sua actuación co record galego da especialidade. E Antón Gomez logrou o bronce  pelexando ata o último instante nun apretadísimo final dos 50 metros lisos alevín.

IMG-20140301-WA0000

A xornada de tarde comenzou co título de campión galego dos 500 metros lisos alevín de Pablo Díaz, que non estivo so no podio xa que Angel Alvarez conquistaba o subcampionato na mesma proba. Un pouco máis tarde Carlos Dios lograba o ouro nunha disputada final dos 50 metros valados infantil. A tarde rematouse cunha gran actuación de Diego Alonso nos 2000 metros lisos infantil que lle serviu para alzarse co título de campión galego.

Sin título-2En resumo unha gran xornada de atletismo onde os nenos e nenas que acudiron disfutaron dun gran ambiente.

No seguinte enlace tedes os resultados das probas e no perfil de facebook do clube as fotos do campionato.

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Coruna/rmenorespc2014.pdf