I CAMPUS DE INICIACIÓN Ó ATLETISMO MILLARAIO

Do 1 ó 9 de setembro o Clube Atletismo Millaraio, coa colaboración do Concello de Ames, realizará o primeiro Campus de Iniciación ó Atletismo coa premisa de seguir dando a coñecer este deporte.

CAMPUS

En horario de mañán, de 09:00 a 13:30 e nas instalacions do complexo deportivo de Bertamiráns , os nen@s, tanto pertencentes ó clube coma non, disfrutarán dun gran número de actividades que irán dende as diferentes disciplinas atléticas ata os deportes colectivos, pasando pola piscina se o tempo o permite.

Para os que se aproximen ó atletismo por primeira vez será unha forma divertida de coñecer este deporte, e para os que xa formades parte de Millaraio unha maneira distinta de dar comezo á nova tempada.