I Trofeo MILLARAIO. Resultados e clasificacións

 

Este Sábado 16 o noso clube ven de prepar o seu primeiro campeonato, cun éxito notable, a pesar de todos os problemas surxidos a última hora.

Lamentablemente o tempo tampouco nos acompañou, así que o esforzo de todos foi moito maior e por iso
queremos agradecer a todos os atletas e as súas familias, tanto do clube coma dos nosos convidados, a boa disposición para cambiar os plans do día e apoiar este primerio campeonato, que a pesar das baixas tivo unha asistencia notable.
Temos que agradecer tamén os esforzos feitos para que todo saíse ben ao noso Presidente David García, ao noso director deportivo, Joao Fernandez, a Delegación de Atletismo de Santiago e a dirección do club Fontes do Sar, para que as molestias fosen as minimas. Tamén dar as gracias a os pais e nais voluntari@s do clube que axudaron aos xuices nas diferentes probas.

Adxuntamos os resultados das diferentes probas
A entrega do TROFEO MILLARAIO ao primeiro equipo masculino e femenino, realizarase ao inicio da competición do próximo sábado día 23, no I TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR, que tamén se realizará no Estadio da USC. Mais de 20 clubes tiveron puntuación, levando cando menos unha medalla para o seu palmares o que nos deixa moi contentos!

Os primeiros clasificados forón os equipos do Clube anfitrión, non sen unha forte disputa na categoría femenina que faría con que apenas 2 puntos separasen o campión do segundo colocado (Atlética A Silva) que pola súa conta sacou 3 pontos ao conxunto femenino do AT. Barbanza!

Aquí tendes as clasificacións por equipos :

MASCULINO:

  1. MILLARAIO, 47 PUNTOS.
  2. USC, 20 PUNTOS.
  3. ATLETICA A SILVA, 16 PUNTOS.
  4. RIA DE FERROL-CONCEPCIÓN ARENAL, 7 PUNTOS.
  5. SUAREZ MARQUIER, 5 PUNTOS.
  6. ATLETICA NEGREIRA, 5 PUNTOS.
  7. AT. BARBANZA, 4 PUNTOS.
  8. VIGUESA DE ATLETISMO, 4 PUNTOS.
  9. FONTES DO SAR, 4 PUNTOS.
  10. ELITE NOIA, 3 PUNTOS.
  11. AT. NOIA, 3 PUNTOS
  12. R.C. CELTA, 2 PUNTOS.
  13. S.G. PONTEVEDRA, 2 PUNTOS.
  14. C.A. AFFLELOU NARON, 2 PUNTOS.
  15. A. TUI, 2 PUNTOS.
  16. AT. DEZA, 2 PUNTOS.
FEMININO:
  1. MILLARAIO, 23 PUNTOS.
  2. ATLETICA A SILVA, 21 PUNTOS.
  3. AT. BARBANZA, 18 PUNTOS.
  4. AT. VILA DE CANGAS, 14 PUNTOS.
  5. ATLETISMO CUNTIS, 14 PUNTOS.
  6. USC, 8 PUNTOS.
  7. FONTES DO SAR, 7 PUNTOS.
  8. A. FEMENINO CELTA, 5 PUNTOS.
  9. AT. DEZA, 3 PUNTOS.
  10. COMESAÑA SPORTING CLUB, 3 PUNTOS.
  11. CLUB ATLETISMO A ESTRADA, 3 PUNTOS.
  12. CLUB ALEJANDRO GOMEZ, 1 PUNTO.

O Sábado que ven esperamos de novo unha festa do atletismo en pista coa disputa do Trofeo Atletismo Fontes do Sar co cal tamén colaboraremos axudando a organización e onde levaremos a maioría dos nosos 80 atletas para facer a súa posta a punto de cara ao escolar do día 06/04 en Ribeira!