O equipo infantil masculino, SEXTO no Campionato de España sub-14 por equipos

O equipo infantil (sub-14) masculino logrou a mellor clasificación na historia do club no Campionato de España sub-14 por equipos celebrado os días 16-17 de xuño en Guadalajara, competición na que quedaron sextos dun total de trinta equipos clasificados. Todos tiveron unha gran actuación mellorando as súas marcas.