NOVA TEMPADA E HORARIOS DE SETEMBRO

Comenza unha nova tempada para o Clube Atletismo Millaraio, e coma tódolos anos durante o mes de setembro faremos unha pretempada que servirá para arrancar físicamente e para axustar os grupos e os horarios de cada categoría.
11038791_678537172292700_2174827911446720976_n
As categorías só cambian oficialmente o 01 de novembro, pero xa comenzaremos o curso tendo en conta as categorías da próxima tempada atlética.
Para o mes de setembro, a partir do día 14/09 os adestramentos dos benxamíns, alevís e infantiles serán no Milladoiro, sempre de 18:00 a 19:00 nos seguintes días:
benxamín (2007-08) – Lúns
Alevín (2005-06) – Mércores
Infantil (2003.04) – Martes e Xoves
prebenxamíns adestran apenas os sábados.
Por outra parte, moitos pais nos preguntan polos horarios definitivos de Outubro, pero sen coñecer algúns detalles, principalmente de clases pola tarde dos que van ao instituto e tamén dos grupos finales de cada categoría, non teremos condicións de definir tódolos grupos. Aínda así, podemos confirmar que non teremos cambios significativos e que os mais pequenos xa teñen mais definidos os horarios, aínda que non sexan os definitivos, poden quedar así:
Benxamín -opción 1 ou 2 dias – lúns no pabellón 18:30 a 19:30 e/ou Sábado Pistas USC 12:30 a 13:30
Alevín – 2 dias – Mércores no Pabellón 18:30 a 19:30 e/ou Sábado Pistas USC 12:00 a 13:30 (Alevins de 2005 que xa están no clube, terán posibilidade de ir a pistas e, en caso de ter  prazas, optar ao 3º día)
Infantil – 2 ou 3 días, sempre en pistas USC entre lúns e xóves de 18:00 a 19:00 e sábados de 11:00 a 12:30.
Cadetes – dependen de entrevista individual e se van ou non a tecnificación especifica, pero sempre sería  de 18:45 a 20:15 nas pistas USC.
O HORARIO PROPOSTO  SERÍA PARA O CURSO, CON INCIO NO MES DE OUTUBRO