O equipo Sub16 masculino proclamouse vencedor no XXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub16 disputado nas pistas do CGTD de Pontevedra o 22 de maio, destacando entre os oito mellores equipos galegas con 97 puntos. Impresionante rendimento do equipo, con destacadas actuacións individuais: 5 primeiros postos, 2 segundos e 2 terceiros.
Foron primeiros nas súas probas Alejandro Jiménez nos 300 metros, Yago Iglesias (filial da SD Compostela Atletismo) nos 3.000 metros, Noel Ferraces no salto de altura, e doblete de Alfonso Labella nos lanzamentos de martelo e xavelina. Segundos postos para para Alejandro Jiménez no salto de lonxitude e Pablo Cariñena no lanzamento de disco. Terceiros, Lucas Dagnac no triplo salto e Diego Fagúndez no seu debut na durísima proba dos 5.000 metros marcha. Lucas Pena foi cuarto nos 1.500 metros obstáculos, Álvaro Francos cuarto no salto con pértega e Pablo Leiva tamén cuarto no lanzamento de peso. Nas restantes probas, Pablo Cariñena foi 7° nos 100 metros, Hugo Santos 6° nos 600 metros, Lucas Dagnac 5° nos 1.000 metros, Álex Cabo 5° nos 100 metros valados e Lucas Lesmes 6° nos 300 metros valados.
Por unanimidade, os membros do equipo elixiron a Diego Fagúndez, para que os representase no mais alto dun podio restrinxido pola normativa COVID a un só atleta.
Graciñas coma sempre aos nosos colaboradores Addomo Arquitectura Modular, Tómate más fruta, Rueiro Centro de Salud Dental , 吴彩萍 (Center Paloma Milladoiro), Borboriño Xeados , BJ Trainers, Panadería Xallas e Córpore 360