O MILLARAIO NO CAMIÑO: CORCUBIÓN-FISTERRA

O sábado 7 de setembro, dentro das actividades do Campus de setembro “Correndo Cara O Xacobeo”, que forma parte do programa O Teu Xacobeo financiado pola Xunta de Galicia, os rapaces e rapazas puideron coñecer esta etapa do Camiño acompañados das súas familias. Esta actividade de convivencia familiar serviu tamén para arrancar a tempada para as familias do club que quixeron unirse a esta experiencia que combinou lecer, cultura e deporte. #OteuXacobeo#Xacobeo2021