O Sábado día 23 vimos de celebrar o Primeiro Campionato do club Fontes do Sar, evento preparado man a man co noso club Millaraio e coa colaboración de Federación Galega de Atletismo, materializada polos Xuíces e pola labor da súa delegación en Santiago.
Este Torneo, ven a completar o segundo fin de semana de competición para os escolares, pois os rapaces puideron participar na maioría das especialidades do atletismo, xa que o Trofeo Fontes do Sar completou as especialidades non disputadas no Trofeo Millaraio que encargouse de organizar as probas mais técnicas (valados, lanzamentos de pelota e xavelina, salto triplo e salto en altura).
Neste Trofeo tamén participaron atletas de categoría absoluta nas probas de 100m, 800m e 3000 que completaron así o abano de probas de pistas cos 200m, 400m e 1500 do fin de semana anterior. Algúns dos nosos atletas veteranos tamén participaron podendo probarse de cara aos vindeiros campionatos galegos de veteranos en Xuño.
Canto aos resultados, podemos destacar unha grande cantidade de marcas persoais e de podios, que axudou a que o clube asegurase a 2ª praza por equipos, recibindo un cheque de 125 Euros en material deportivo, ofrecimento de deportes Amancio. Por outra parte, o resultado deportivo mais importante se logrou en canto ao aprendizaxe de como cada un debe actuar nas competicións oficiais, no coñecimento de novas probas e tamén na evaluación de cada deportista cara a escoller as probas nas que tomará parte nos clasificatorios escolares.
Temos que felicitarnos pola grande participación nestes dous eventos, a pesar dos problemas que xurdiron a última hora a fin de semana pasada. Entre as dúas competicións tivemos en total una asistencia de preto de 1000 atletas de tódalas categorías o que nos demostra a necesidade deste tipo de iniciativas e que estamos traballando no bo camiño na promoción deste deporte.
Outro dato moi importante é a participación dos pais e voluntarios, que fixeron un grande traballo, montando e desmontando, auxiliando os xuíces, organizando os nosos atletas e, como non, apoiando e ofrecendo axuda en todo momento! Sen a vosa colaboración, non sería posible realizar os eventos!
No enlace adxunto enviamos as listas provisionais de resultados que volveremos a publicar cando sexan definitivos:
Culminamos con éxito o proxecto das probas de preparación de pista, organizadas e patrocinadas polos dous clubes (Millaraio e Fontes do Sar) e xa falta pouco para os clasificatórios do deporte escolar en pista, coa primeira proba en Riveira o día 06/04. Enviaremos a Invitación cos detalles para poder facer a inscripción e confirmar aqueles que utilizarán o transporte en autobús.