VIII Campus de Atletismo MillaRaio

Retomamos os campamentos deportivos coa VIII edición do Campus de Atletismo MillaRaio, que este ano se celebrará do 1 ao 9 de setembro na zona deportiva de Milladoiro. O campus está aberto a nen@s nad@s entre 2015 e 2009 e terá lugar en horario de mañá, salvo os dous últimos días, en que se empeza o curso escolar trasladarase a horario de tarde. A hora de inicio prevista de mañá será a partir das 8:30 ata as 9:00, e horario de recollida entre 14:00 e 14:30.

Concebido como ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas, o campus ofrece aos xoves atletas do Club a posibilidade de ir retomando a actividade e o contacto c@s compañeir@s logo das vacacións. E para pequen@s de fóra do Club, é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.

En breve publicaremos as bases e o formulario de inscrición.

Para calquera consulta, dirixirse a millaraio@gmail.com