XXXII CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER EN PISTA AO AIRE LIBRE

O domingo 9 de xuño celebrouse en Bastiagueiro o campionato galego da categoría máster, no que participaron tres atletas do club, cos seguintes resultados: David López Vilariño foi ouro no salto de altura M45, Antonio Pose foi prata en 100mv e salto de lonxitude M50 e bronce en 100m, e Puri Cariñena foi ouro en 400m, prata en 200m e bronce en 100m en W45.