Dezasete atletas da categoría sub16 e dez da categoría sub18 participaron no XVIII Campionato de Galicia SUB16 e LXVII SUB18 de pista ao aire libre celebrado o sábado 25 de maio nas pistas de atletismo de Balaídos, obtendo un total de catro medallas de ouro, catro pratas, e catro bronces.
OURO: Mateo Aller en 100m valos (con mínima para o Campionato de España) e 300m valos, Deki Mato en 1000m e Sofía Campos en 3000m marcha.
PRATA: Diego Seoane en 300m valos (sendo cuarto nos 100m valos), Daniel Mato en lanzamento de xavelina sub18 (sendo cuarto en lonxitude), Ángel Álvarez en 2000m obstáculos, e o relevo 4×100 sub16 masculino (Matías Barca, Daniel Cariñena, Mateo Aller e Diego Seoane).
BRONCE: Daniel Cariñena en lanzamento de disco sub16 (participando tamén nos 100m), Sara Castelo en disco sub16, Salomé Segade en 3000m marcha, e Iago Cid en salto con pértega (participando tamén no lanzamento de xavelina).
Os restantes participantes da categoría sub16 foron: Uxía Fernández (100m valos, onde foi cuarta, e salto de lonxitude), Matías Barca (100m e 300m), Mario Vilar (lanzamento de peso e disco), David García (salto de altura e triple), Elsa Guillamet (salto de altura e peso), Zulfa Muíño (lanzamento de xavelina e martelo), Valeria Batire Guridi (3000m) e Ángela Eiras (triple). O equipo de relevo 4×100 feminino estivo formado por Ahinara Troiteiro, Uxía Fernández, Ángela Eiras e Elsa Guillamet.
No Campionato sub18 participaron ademais de Daniel Mato e Ángel Álvarez: Antón Nogueira (disco, onde rematou cuarto, e xavelina), Laura Barbazán (martelo, finalizando en cuarta posición, e 100m valos), Manuel Labella (cuarto en 5000m marcha), Antón Gómez (100m e 200m), Daniel Souto (110m valos e salto de lonxitude), Luis García (110m valos), e os equipos de 4×100 masculino: Daniel Mato, Antón Gómez, Luis García e Daniel Souto, e 4×100 feminino: María Pena (do filial Atlética A Silva), Sabela Ferrás, Laura Barbazán e Uxía Rey.