O domingo 26 de maio celebrouse en Ferrol o CAMPIONATO PROVINCIAL EN PISTA INFANTIL e COMBINADAS BENXAMIN-ALEVIN – Xogade, no que o club obtivo un total de sete medallas: catro ouros (Alejandro Jiménez en salto de lonxitude e nos 80m, Álvaro Francos en salto con pértega e Nuno Castro en combinadas alevín), dúas pratas (Noel Ferraces en 2000m marcha e Alfonso Labella en lanzamento de xavelina) e un bronce (o equipo de relevo 4x80m formado por Álvaro Francos, Lucas Pena, Alejandro Jiménez e Carlos Buyo).
Alejandro, ouro en 80m Alejandro, ouro en salto de lonxitude Álvaro, ouro en salto con pértega Nuno, ouro en combinadas Noel, prata en 2000m marcha Alfonso, prata en lanzamento de xavelina Bronce do equipo 4x80m
Na categoría infantil de probas individuais o club participou con doce atletas: ademais das medallas mencionadas, Noel Ferraces foi cuarto en lanzamento de xavelina e competiu tamén en salto de altura, Alfonso Labella participou tamén en lanzamento de martelo, e nos 2000m marcha, Lucas Pena foi cuarto en triple e correu os 1000m obstáculos, Álvaro Francos fixo tamén triple, Adrián Sesar foi cuarto en 2000m, Hugo Estévez participou en xavelina, e 1000m obstáculos, Carlos Buyo nos 500m, Antía Figueras foi cuarta en salto de altura, e participou no salto de lonxitude e 220m valos, Irene Rodiles competiu en salto de altura, lanzamento de xavelina e 2000m marcha, e Noa Piñeiro nos 150m.
Nas combinadas alevín ademais de Nuno Castro en categoría masculina, participou na categoría feminina María Estévez, e Daniel García competiu nas combinadas benxamín.