Campionato galego cadete pista cuberta

A piques estivo de conseguir un metal Nicolás Rodriguéz-Cadarso! Acadou un meritorio 4º posto na final do salto de lonxitude tras superar un inicio difícil no que non era quen de coller táboa, pero tras superar estes problemas fixo un salto de 4.93 que lle fixo subir 4 posicións na clasificación final. Foi 5º na final dos 50 m.v  cunha boa marca de 9.05, lembremos que os valos miden 0.91 metros de alto!
Samuel Huesca fixo un moi bo lanzamento de peso (9.70, Record do Clube!),mellorando mais de 1 metro e medio súa anterior marca, o que lle permitiu acadar o 6º posto. Ademáis, correu os 50 m.l dunha forma extraordinaria, baixando de 7” por primeira vez e quedando as portas da final.

O ansiado metal para o Clube  chegaría das dos pés de Martín Fernández que acadou a medalla de prata no salto de lonxitude cunha marca de 5.32 quedándose a menos de 50cm da mínima para o Campionato Nacional. O atleta que tamén estivo a punto de pasar á final dos 50 m.l, realizou unha grande serie de saltos, todos por encima dos 5m, demostrando unha boa regularidade!

A nosa atleta completa de combinadas Andrea González,  tiña unha maratón de probas por diante!  Pola Mañana, correu as series e as semifinais dos 50m.l (7”44) e participou na final de Salto de Lonxitude onde  non tivo fortuna no axuste do talonamento e realizou 3 nulos quedando fora da mellora. Pola tarde, na carreira con valos fixo unha boa actuación (9”25, MMP), tendo en conta o pouco adestramento específico de esta proba que ten feito ata agora.

O equipo feminino estivo representado ademais por outras 3 atletas que melloraron súa marca persoal! Rocio García e Irene Ibañéz (tamén participou nos 50m.l)  fixeron unha boa carreira de 600m.l, con marcas moi próximas aos 2 minutos,  onde o nivel foi moi alto quedando 10ª e 13ª respectivamente.  Aldara Díaz fixo unha moi boa carreira de 50 m.l mellorando considerablemente a súa marca en relación coa que tiña en 60 m.l!
Resultados Galego Cadete PC

É un grande orgullo para o clube levar a 7 atletas a unha competición autonomica onde se retan contra os mellores atletas de Galicia e por ribaTODOS melloran suas marcas persoais!

Parabéns para todos!!!